Facebook

Actualización do artigo “El viaje del Hombre, un guiño al pasado. El asentamiento suevo en la Gallaecia ( 3ª parte)”

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “El viaje del Hombre, un guiño al pasado. El asentamiento suevo en la Gallaecia ( 3ª parte)”.

Agradecemos que siga afondando na investigación da historia de Galicia. Parabéns.

Descargar publicación

Parabens

Parabéns á nosa compañeira Ana Romero Masiá, membro da directiva da nosa asociación e desde hai pouco membro da Real Academia Galega, por ser nomeada como directora do Instituto José Cornide. Tamén queremos felicitar á que vai ser a súa secretaria, Mariola Suarez, membro da directiva da nosa asociación, arquiveira municipal e cronista oficial da Coruña.

Desexámoslles moitos éxitos e que a súa actividade sexa fecunda para ben da cidade da Coruña.

La Opinión de A Coruña: O Instituto José Cornide elixe directora a Ana Romero tras 28 meses sen responsable

Laxeiro. Outros ollos, nova mirada

Remitimos invitación da presentación da publicación do académico Xosé Carlos Valle Pérez: “Laxeiro. Outros ollos, nova mirada”. O acto terá lugar o vindeiro mércores 1 de febreiro ás 20:00 horas na sede da Academia Galega de Belas Artes.
Ao finalizar o acto, será entregado un exemplar da publicación a cada asistente.

Simposio internacional Apuntando ao Mar

O simposio Apuntando ao Mar terá lugar en Ferrol os días 9-10-11 de febreiro de 2023. 

Nel intervendrá, entre outros, D. Alfredo Vigo Trasancos, catedrático emérito de Hª da Arte da Universidad de Santiago de Compostela coa seguinte ponencia: 

‘’Un reino mal protegido. Galicia y sus defensas costeras en la Descripción de España y de las costas y puertos de sus reynos de Pedro Texeira (1634)”

As xornadas son gratuitas, pero hai que apuntarse online  a través da web. Tamén se poden seguir online as sesións.

La batalla de Navas de Tolosa

Felicitamos ao noso compañeiro José María García-Osuna polo seu séptimo libro sobre temas históricos: “La batalla de Navas de Tolosa”.

Desexámoslle moitos éxitos.

Nalgures XX engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XX en PDF.

Descargar Nalgures Nº 20

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “El viaje del Hombre, un guiño al pasado: El asentamiento suevo en la Gallaecia (3ª parte)”

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “El viaje del Hombre, un guiño al pasado: El asentamiento suevo en la Gallaecia (3ª parte)”

Descargar publicación

Presentación do libro A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714 

Presentación do libro “A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714″ do noso compañeiro Arturo Abad será presentado ás 19’30 h. do día 19 de decembro na Biblioteca Histórico Militar da Coruña. Animamos a todos a acompañalo neste acto.

Ciclo de conferencias: “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)”

A Fundación Biblioteca da Casa Consulado organiza este ano un ciclo de conferencias, “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)” que se celebrarán os xoves 3, 10,17 e 24 de novembro, ás 19.30 h., na veciña igrexa das Capuchinas.

A duración estimada é de 45 minutos; seguidas dun breve coloquio.

A entrada é gratuíta. Requírese inscrición previa, ao estar limitado o aforo, por calquera dos seguintes medios:

  • Cubrindo o formulario no seguinte enlace.
  • Enviando correo electrónico a bibliocasaconsulado@gmail.com
  • Ou chamando en horario de apertura da biblioteca ao 981206274

Excursión polar terras de Nemancos

O pasado sábado 22 de outubro varios membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia fixemos unha excursión por terras de Nemancos.

En primeiro lugar  achegámonos á igrexa de Santa María de Muxía, onde Enrique Benlloch, gran coñecedor de todo o relacionado con esta terra, nos explicou os detalles da igrexa e da súa historia.

Tras unha breve visita á Virxe da Barca, dirixímonos a Moraime onde unha guía local nos debullou cada detalle desta interesante igrexa, tanto polos súas esculturas como polas pinturas, e que pertenceu ao mosteiro hoxe desaparecido, pero que coñecemos a través dos artigos de Enrique publicados na revista Nalgures.

Cando estabamos para rematar a visita, o ceo abriu as comportas e recibimos unha chuvia que batía en nós de xeito diagonal. O ágape foi en Baíñas onde, mentres degustabamos un menú abundante, o faladoiro se desenvolveu nun ambiente excelente.

Pola tarde visitamos o Castelo de Vimianzo e logo o pazo de Torres do Allo e arredores, que nos serviu para departir sobre heráldica e iconografía. En fin, unha xornada amena e frutífera.

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “El Viaje del Hombre, un guiño al pasado. El Grand Tour precursor del Erasmus (2ª parte)”

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “El Viaje del Hombre, un guiño al pasado. El Grand Tour precursor del Erasmus (2ª parte)”

Descargar publicación

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “El viaje del Hombre, un guiño al pasado: la etapa prerromana (1ª parte)”

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “El viaje del Hombre, un guiño al pasado: la etapa prerromana (1ª parte)”

Descargar publicación