Noticias » Presentación do monográfico NALGURES XXIII na XI Feira Ribadense do Libro.

Presentación do monográfico NALGURES XXIII na XI Feira Ribadense do Libro.

Este sábado, 24 de maio de 2025, fixemos a presentación do monográfico NALGURES XXIII, dos autores Alberto Paraje Méndez e José Manuel López Hermida, que ofreceron unha detallada e ilustrada conferencia sobre o libro para o público asistente. Investigación histórica, arquivística e documental, arquitectónica e arqueolóxica arredor do Forte de San Damián e a vila de Ribadeo desde a Idade Media.

Desde a Asociación de Estudios Históricos de Galicia, queremos agradecer ó concello de Ribadeo as facilidades prestadas para este evento, programado dentro dos actos da XI edición de Letras no Campo, Festa Ribadense do Libro.

A partir desta data, atópase a disposición de todos os interesados para consulta gratuita e aberta para descarga na nosa páxina web da Asociación, nas principais bibliotecas e centros de estudio de Galicia e, desde este luns 26, na Biblioteca Municipal de Ribadeo.