Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“
Descargar publicaciónPublicación de Pedro López Gómez: “Francisco Fernández del Riego, y los archiveros-bibliotecarios”
Pedro López Gómez envía para descargar o artigo: “Francisco Fernández del Riego, y los archiveros-bibliotecarios”.
Destaca a estreita relación que uniu sempre a don Paco cos arquivos e as bibliotecas e co colectivo profesional representado pola asociación ANABAD.
Descargar publicaciónInstituto Cornide, artigo na prensa
A prensa faise eco do novo rumbo do Instituto Cornide coa súa nova directiva: “El Instituto Cornide se reactiva tras su travesía por el desierto: Aquí ninguén cobra nada, isto é un altruísmo total”
La Voz de Galicia, 22 maio 2023Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“
Descargar publicaciónActualización do artigo “El viaje del Hombre, un guiño al pasado. El asentamiento suevo en la Gallaecia ( 3ª parte)”
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “El viaje del Hombre, un guiño al pasado. El asentamiento suevo en la Gallaecia ( 3ª parte)”.
Agradecemos que siga afondando na investigación da historia de Galicia. Parabéns.
Descargar publicaciónParabens
Parabéns á nosa compañeira Ana Romero Masiá, membro da directiva da nosa asociación e desde hai pouco membro da Real Academia Galega, por ser nomeada como directora do Instituto José Cornide. Tamén queremos felicitar á que vai ser a súa secretaria, Mariola Suarez, membro da directiva da nosa asociación, arquiveira municipal e cronista oficial da Coruña.
Desexámoslles moitos éxitos e que a súa actividade sexa fecunda para ben da cidade da Coruña.
La Opinión de A Coruña: O Instituto José Cornide elixe directora a Ana Romero tras 28 meses sen responsableLaxeiro. Outros ollos, nova mirada
Remitimos invitación da presentación da publicación do académico Xosé Carlos Valle Pérez: “Laxeiro. Outros ollos, nova mirada”. O acto terá lugar o vindeiro mércores 1 de febreiro ás 20:00 horas na sede da Academia Galega de Belas Artes.
Ao finalizar o acto, será entregado un exemplar da publicación a cada asistente.
Simposio internacional Apuntando ao Mar
O simposio Apuntando ao Mar terá lugar en Ferrol os días 9-10-11 de febreiro de 2023.
Nel intervendrá, entre outros, D. Alfredo Vigo Trasancos, catedrático emérito de Hª da Arte da Universidad de Santiago de Compostela coa seguinte ponencia:
‘’Un reino mal protegido. Galicia y sus defensas costeras en la Descripción de España y de las costas y puertos de sus reynos de Pedro Texeira (1634)”
As xornadas son gratuitas, pero hai que apuntarse online a través da web. Tamén se poden seguir online as sesións.
La batalla de Navas de Tolosa
Felicitamos ao noso compañeiro José María García-Osuna polo seu séptimo libro sobre temas históricos: “La batalla de Navas de Tolosa”.
Desexámoslle moitos éxitos.
Presentación do libro A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714
Presentación do libro “A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714″ do noso compañeiro Arturo Abad será presentado ás 19’30 h. do día 19 de decembro na Biblioteca Histórico Militar da Coruña. Animamos a todos a acompañalo neste acto.
Ciclo de conferencias: “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)”
A Fundación Biblioteca da Casa Consulado organiza este ano un ciclo de conferencias, “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)” que se celebrarán os xoves 3, 10,17 e 24 de novembro, ás 19.30 h., na veciña igrexa das Capuchinas.
A duración estimada é de 45 minutos; seguidas dun breve coloquio.
A entrada é gratuíta. Requírese inscrición previa, ao estar limitado o aforo, por calquera dos seguintes medios:
- Cubrindo o formulario no seguinte enlace.
- Enviando correo electrónico a bibliocasaconsulado@gmail.com
- Ou chamando en horario de apertura da biblioteca ao 981206274

