Simposio internacional Apuntando ao Mar
O simposio Apuntando ao Mar terá lugar en Ferrol os días 9-10-11 de febreiro de 2023.
Nel intervendrá, entre outros, D. Alfredo Vigo Trasancos, catedrático emérito de Hª da Arte da Universidad de Santiago de Compostela coa seguinte ponencia:
‘’Un reino mal protegido. Galicia y sus defensas costeras en la Descripción de España y de las costas y puertos de sus reynos de Pedro Texeira (1634)”
As xornadas son gratuitas, pero hai que apuntarse online a través da web. Tamén se poden seguir online as sesións.
La batalla de Navas de Tolosa
Felicitamos ao noso compañeiro José María García-Osuna polo seu séptimo libro sobre temas históricos: “La batalla de Navas de Tolosa”.
Desexámoslle moitos éxitos.
Presentación do libro A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714
Presentación do libro “A Coruña en la Guerra de Sucesión 1700-1714″ do noso compañeiro Arturo Abad será presentado ás 19’30 h. do día 19 de decembro na Biblioteca Histórico Militar da Coruña. Animamos a todos a acompañalo neste acto.
Ciclo de conferencias: “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)”
A Fundación Biblioteca da Casa Consulado organiza este ano un ciclo de conferencias, “Expedicións e viaxes marítimas II: (Séculos XVI-XVII)” que se celebrarán os xoves 3, 10,17 e 24 de novembro, ás 19.30 h., na veciña igrexa das Capuchinas.
A duración estimada é de 45 minutos; seguidas dun breve coloquio.
A entrada é gratuíta. Requírese inscrición previa, ao estar limitado o aforo, por calquera dos seguintes medios:
- Cubrindo o formulario no seguinte enlace.
- Enviando correo electrónico a bibliocasaconsulado@gmail.com
- Ou chamando en horario de apertura da biblioteca ao 981206274


Excursión polar terras de Nemancos
O pasado sábado 22 de outubro varios membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia fixemos unha excursión por terras de Nemancos.
En primeiro lugar achegámonos á igrexa de Santa María de Muxía, onde Enrique Benlloch, gran coñecedor de todo o relacionado con esta terra, nos explicou os detalles da igrexa e da súa historia.
Tras unha breve visita á Virxe da Barca, dirixímonos a Moraime onde unha guía local nos debullou cada detalle desta interesante igrexa, tanto polos súas esculturas como polas pinturas, e que pertenceu ao mosteiro hoxe desaparecido, pero que coñecemos a través dos artigos de Enrique publicados na revista Nalgures.
Cando estabamos para rematar a visita, o ceo abriu as comportas e recibimos unha chuvia que batía en nós de xeito diagonal. O ágape foi en Baíñas onde, mentres degustabamos un menú abundante, o faladoiro se desenvolveu nun ambiente excelente.
Pola tarde visitamos o Castelo de Vimianzo e logo o pazo de Torres do Allo e arredores, que nos serviu para departir sobre heráldica e iconografía. En fin, unha xornada amena e frutífera.


Presentación La Carabela San Lesmes
Editorial Crítica e Librería Arenas teñen o pracer de convidarvos á presentación do libro: “La Carabela San Lesmes” de Luis Gorrochategui, presentado por Manuel Arenas Roca e Juan Granados Louresa o mercores, 1 de xuño ás 20:00 horas no Sporting Club Casino da Coruña.
In Memoriam Gregorio Casado
Cúmprese un mes do pasamento do noso estimado colega Gregorio Casado González (1960-2022), unha perda para a comunidade investigadora galega que nos causou fonda tristura.
Gregorio, Goyo para os amigos, era licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Experto coñecedor do Arquivo do Reino de Galicia, da Fundación Penzol -que lle dedicou un recordo agarimoso– e de tantos outros centros de referencia (AHN, Chancillería, Simancas, etc.), estudou a xudería de Ribadavia, o balneario de Carballo, a historia antiga do Barbanza, a batalla de Rande, o campo de concentración de Camposancos, as actas das Xuntas do Reino de Galicia, os fondos do Arquivo Catedralicio, abordou o legado documental de célebres persoeiros galegos e a descrición informatizada do COAG…
Deixa pois un ronsel de traballos que recomendamos consultar. Ademais ostentou o cargo de tesoureiro do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia, onde era moi apreciado.
Alén da súa experiencia en arquivística e dos seus coñecementos paleográficos foi un especialista no aspecto documental dos montes en Galicia, e serviu como perito para a defensa dos intereses de comunidades veciñais en diversos preitos, abordando as fontes catastrais a prol dos dereitos da cidadanía. Causas xustas polo ben común que son a forma máis bela que temos de lembralo.
Fiel lector de medios francófonos, ademais de estudoso vocacional e profisional recoñecido no seu labor, caracterizouse por ser desprendido e atento: sempre disposto a compartir o seu coñecemento, recursos e ferramentas con compañeiros no eido da investigación e a botar unha man cando se precisaba, tamén con membros da nosa Asociación de Estudos Históricos de Galicia. José Enrique Benlloch del Río di que “desde a pena de perder un colega, súmome aos coñecidos de Goyo que comparten este sentimento” e lémbrao así: “A súa mestría na paleografía, a súa xenerosidade na axuda a descifrar esas difíciles abreviaturas obrigábame a ter a disponibilidade para con el todos os días do ano. Non é fácil asumir a súa ausencia, non é. Compartiamos transcricións e, candos nos enviabamos algún texto enrevesado para revisión, moitas veces mostraba sorpresa con humor mais nunca fallaba a súa frase Mándamo para aquí, non se daba por vencido ata resolvelo.”
Celebramos ter compartido con alguén da súa valía persoal e profisional encontros, tertulias e análises. Perdemos un dos bos e xenerosos. Queda connosco a túa lembranza e o teu bo facer, non te esqueceremos nin a ti nin o que aprendemos traballando contigo, amigo Goyo.
Presentación do libro “Emilia Pardo Bazán e Galicia”
Presentación do libro “Emilia Pardo Bazán e Galicia”, este mércores 4 de maio ás 20:00 h. na Sala de Cultura del S.C. Casino, Calle Real, 83.