José M. Bértolo presenta a xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días. Os Ballesteros viviron nos pazos de Tarrío (Dodro) e Golpilleira (Vilagarcía) e nas casas fidalgas de Monteagudo (Codeseda), Ribela e dos Araúxo en A Ponte (as tres últimas no concello da Estrada). Ademais o primeiro matrimonio Ballesteros del Mazo figura como proxenitores de Julia de Castro, a ascendente máis antiga de Rosalía de Castro e de quen recibe o apelido.
Descargar publicaciónNoticias » Novo artigo de José M. Bértolo: “Xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días”