Os nosos castelos. Soutomaior. O castelo e a súa liñaxe.
Hoxe asistimos á inauguración da exposición sobre este elemento esencial na historia e arquitectura de Galicia, a cargo do grupo de investigación “Historia social do poder desde a Idade Media”, pertencente ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, CSIC, en Santiago de Compostela, comisariada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Entre os colaboradores do proxecto está presente o noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Javier García Gómez, como autor das ilustracións arqueolóxicas de elementos arquitectónicos e heráldicos do proxecto.
A exposición, aberta ata o 28 de febreiro de 2026, xunta mais dunha ducia de paneis que analizan diferentes aspectos do castelo de Soutomaior e a súa contorna histórica. Entre as temáticas abordadas atópanse o espazo señorial no que se asenta a fortaleza, a súa evolución arquitectónica, as liñaxes vinculadas con ela, a súa pegada na documentación histórica e as composicións literarias que inspirou no decorrer do tempo.
Neste acto presentouse a web osnososcastelos.iegps.csic.es, sobre esta exposición, xunto coas precedentes adicadas a castelos, torres e fortalezas de Galicia e a súa contorna xeográfica, completada con 60 biografías dos personaxes históricos vinculados coas mesmas.
- Castro Caldelas e Monforte de Lemos (2021-2022).
- Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela (2022-2023).
- A Limia, terra de torres (2023-2024).
- San Paio de Narla e os seus señores (2024-2025).






A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural.
Unha nova edición da miscelánea estradense chega ás nosas mans, o número 28 (2025), con oito traballos de investigación nos eidos da historia, tradicións e cultura arredor desta comarca; editada pola Fundación Cultural da Estrada, Museo do Pobo Estradense “Manuel Reimóndez Portela”.
Entre os artigos publicados destaca un traballo do noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, José M. Bértolo Ballesteros titulado “Voluntarios das terras da Estrada e de Montes no Batallón Literario”; no que presenta unha exposición sobre a súa constitución e actuación durante a Guerra de Independencia, a relación dos cadetes voluntarios orixinarios destas terras, a bandeira, uniforme, as campañas do Batallón, ademais das vítimas do exército francés que loitaron por defender a liberdade fronte ao invasor napoleónico.



Nalgures XXIV
O pasado xoves, 15 de xaneiro, presentamos nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña a edición XXIV da publicación Nalgures, editada pola Asociación de Estudios Históricos de Galicia; e disfrutamos da interesante conferencia de José M. Bértolo titulada “Os alfolís do sal na vila de Laxe”.
Este novo número da revista chega as nosas mans un ano máis tras superar ese simbólico ecuador que supón o vinte aniversario da propia publicación. Esa continuidade é un feito relevante; unha admirable expresión desa vitalidade e robustez que ten en si mesmo como proxecto colectivo e como puntal das iniciativas da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. A vocación de rigor e o compromiso cos estudos culturais segue, deste xeito, presente outro ano máis pola vontade dos seus socios.
Neste número que os lectores teñen entre mans, en algo mais de 350 páxinas, hai nove artigos moi plurais que supoñen un percorrido de gran valor por variados aspectos históricos de Galicia, un amplo número de perspectivas de estudio e temáticas, desde este momento, dispoñible para consulta e descarga na nosa web.
Índice de contidos de Nalgures XXIV
- Arturo Abad Pardo: Noventa y seis pilas: la antigua provincia de A Coruña. Su participación en la Guerra de Sucesión.
- Cristina Barreiro Abuín: Las obras de Hernando dela Portilla y Gaspar de Arce para la diócesis de Lugo. Aportación documental y gráfica.
- José M. Bértolo Ballesteros: Os alfolís do sal na vila de Laxe.
- Luisa Danigo: Galicia despacha «el socorro a Bretaña» por orden de Felipe II.
- Blais do Río Cañete: Novos personaxes na colección de retratos do seminario de Santiago: Dionisio Fierros e os monxes misioneiros.
- Javier García Gómez: O mosteiro de Santa María de Cambre, epicentro das loitas polas rendas e dereitos eclesiásticos entre os séculos XV e XVI.
- Rosario Martínez Martínez: La implicación de Sofía Casanova en la lucha antituberculosa de las primeras décadas del s. XX.
- Carlos Pereira Martínez: O espiritismo na cidade de Pontevedra desde finais do século XIX ata a Guerra Civil.
- Ana Romero Masiá: Un mercado coruñés especializado: o dos allos de Malpica.



Nalgures XXIV engadido para descargar
Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XXIV en PDF.
Enrique Lister Forján: un combatiente singular del Ejército Popular durante la Guerra Civil. Un lider carismático del Partido Comunista
José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “Enrique Lister Forján: un combatiente singular del Ejército Popular durante la Guerra Civil. Un lider carismático del Partido Comunista”.
Descargar publicaciónPresentacion a revista NALGURES XXIV
A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XXIV o vindeiro xoves 15 de xaneiro de 2026 ás 20 h. na 3ª planta do Sporting Club Casino, rúa Real, 83.
Os nosos castelos: Soutomaior. O castelo e a súa liñaxe
Onte, martes 11 de novembro, inaugurouse en Arcade, Soutomaior, a exposición sobre O castelo de Soutomaior, as súas orixes, historia, liñaxe e parentela nos séculos XII-XVI; na que participa Javier García Gómez, compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, como ilustrador de diferentes imaxes do castelo e elementos heráldicos expostos nos paneis. Poderase ver do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2025.








Contra Armada. A maior victoria de España fronte a Inglaterra
Conferencia do historiador e compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Luis Gorrochategui Santos, dentro da Cátedra Jorge Juan da Universidade da Coruña.
Ribadeo Cara ao Mar. Xornadas Arredor do Forte de San Damián
A Asociación de Estudios Históricos de Galicia colabora nas actividades de conferencias, visitas guiadas e posta en valor deste importante elemento patrimonial protagonista da historia de Galicia e Ribadeo desde hai 400 anos.
Organizado polo Concello de Ribadeo, conta coa presenza, entre outros, do compañeiro da asociación o investigador Alberto Paraje Méndez.
As xornadas desenrolaranse o venres 17 e o sábado 18 de outubro de 2025 en diferentes espazos da vila de Ribadeo. Inscricións aquí.
La presencia de Los Canónigos Regulares de S. Agustín en Xunqueira de Ambía
A nosa compañeira da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Rosa María Guntiñas Rodríguez, publica un completo traballo sobre o establecemento de canónigos de San Agustín nas ribeiras do Miño, Sil e Arnoia, e a impronta deixada polo seu asentamento durante varios séculos nesta comarca da Ribeira Sacra.
Podese descargar aquí.A Coruña y su puerto en el tiempo de la casa de la contratación de la especiería (1522-1529). El sueño imposible del comercio con las Molucas.
Conferencia do noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, D. Alfredo Vigo Trasancos, Historiador, Numerario do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
Xoves, 9 de outubro de 2025, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Autoridade Portuaria da Coruña.
Dentro do ciclo de conferencias “Da Coruña ás Molucas. V Centenario da Expedición de García Jofré de Loaysa (1525)”, con sesións o 16, 23 e 30 de outubro de 2025.







