Facebook

Nalgures XVI engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XVI en PDF.

Tratase dun monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300), obra póstuma de Jose Luis López Sangil, axudado neste arduo traballo polos socios e amigos Manuel Vidán Torreira e Mª Josefa Sanz Fuentes.

Descargar Nalgures Nº 16

A Asociación de Estudios Históricos de Galicia deséxavos un bo Nadal e un bo ano 2021.

Pedro y Muño, a primeira boda gay en España… no ano 1061

¿Un matrimonio gay entre dous homes en 1061?. Máis información sobre esta nova no seguinte enlace.

CONTRA ARMADA, do noso compañeiro Luís Gorrochategui

Tralo desastre da Gran Armada, tivo lugar a meirande derrota naval de toda a historia de Inglaterra… e foi contra o mesmo rival: as tropas de Felipe II.  Se aínda non o liches, agora é o momento.

Exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume

Sempre vale a pena visitar Pontedeume. Unha disculpa pode ser a visita a esta exposición:

A exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume propón un percorrido polo pasado da vila a través de 16 espazos temáticos, desde a súa fundación en 1270 na beira da ponte que lle dá nome, ata a súa configuración como centro comarcal de servizos, pasando polo seu pasado señorial e polos fitos que configuran a súa identidade. E faino recollendo os documentos escritos e iconográficos máis representativos, contrapoñéndoos ao labor dos historiadores que os exhumaron e utilizaron. A eles dedícase o último espazo, porque sen historia escrita non hai Historia e sen Historia non hai pasado. 

Miradas inalterábeis. O retrato fotográfico de gabinete na Coruña do século XIX

Unha exposición que non te podes perder:

Exposición “Miradas inalterábeis. O retrato fotográfico de gabinete na Coruña do século XIX” con fondos e coleccións do Arquivo municipal da Coruña.

A partir do próximo mércores día 23 de setembro de 2020  na Sala de Exposicións do Palacio Municipal da Coruña.

Nalgures XVI. Monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300)

Acaba de saír do prelo unha nova revista Nalgures. Trátase dun monográfico sobre o mosteiro  cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300).

O que  se ofrece é o ficheiro de traballo sobre o que ata finais de 2015 José Luis López Sangil, fundador e presidente da nosa asociación, foi engadindo datos novos, ampliando outros e eliminando datos erróneos, en fin, un tear no que con suma paciencia e interese tecía o tapiz no que se recollían as primeiras centurias da vida monástica de Monfero. Neste arduo labor foi axudado polos socios e amigos Manuel Vidán Torreira e Mª Josefa Sanz Fuentes.

O noso agradecemento a Mª Josefa Sanz Fuentes que foi quen de preparar este traballo para súa publicación.

Presentacións: “O Castelo do castro de Montes” e “Calendario Histórico. A Coruña 2021”

O día 1 de agosto ás 17’30 h. preséntase o libro “O Castelo do castro de Montes” de Xesús Antonio Gulías Lamas no Auditorio de Soutelo de Montes. Previamente terá lugar una xuntanza da Asociación dos Amigos de Terra de Montes.

Igualmente o 4 de agosto ás 20 h. preséntase o “Calendario Histórico. A Coruña 2021” na Librería Arenas da Coruña, coa presencia da alcaldesa e de Xosé Alfeirán entre otros.

Novo libre de José María Manuel García-Osuna y Rodríguez: “Urraca I de León, primera reina y emperatriz de Europa”

José María Manuel García-Osuna y Rodríguez, membro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, ven de presentar un novo libro para todos os amantes da Historia.

 O seu título Urraca I de León, primera reina y emperatriz de Europa, da editorial: Lobo Sapiens/El Forastero,  ISBN: 978-84.

 En el presente trabajo monográfico y biográfico me he acercado con un interés y rigor enormes, a una de las grandes reinas europeas y, ¡cómo no!, lo es de León, pero ella sabe de dónde viene y a donde va, y por esta razón se intitula siempre como: Emperadora de León y Reyna de toda Espanna. Ella es el Rey de León, ya que ese reino le pertenece, y así signa algunos diplomas”. Afirma su autor, José María M. García-Osuna Rodríguez”

Nalgures XV engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XV en PDF.

Descargar Nalgures Nº 15

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

No mes de marzo terá lugar o Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, que baixo o título: “Parque do Pasatempo ou o Mundo en Betanzos”, terá lugar no salón azul do Edificio Liceo este mes de marzo, sempre ás 20h.

  • 5 de marzo do 2020, Pilar Cagiao Vila
    De idas e voltas: as migracións galegas das américas e o seu impacto nas dúas beiras.
  • 12 de marzo do 2020, Sara Fraga Pérez
    Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naveira cos últimos resquicios do traxe tradicional galego.
  • 18 de marzo do 2020, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
    O Parque do Pasatempo: unha “finca-museo”. 
  • 26 de marzo do 2020, Ángel Arcay Barral
    Qué é o Parque do Pasatempo? Arte, capricho e iniciación.

Celebración da presentación de Nalgures XV

O día 11 de febreiro celebrouse a presentación da revista Nalgures XV no salón de actos do Casino da Coruña. Trala intervención de José Enrique Benlloch e José M. Bértolo, o socio Alfonso Daniel Fernández Pousada, escritor e periodista, presentou o seu artigo “De notarios a corsarios: principio y descendencia de los Gago”. A intervención, amena e interesante, foi moi aplaudida por todos os presentes ao acto.

Curiosamente outra persoa  serviuse da súa investigación para publicar estes días dous extensos artigos no Faro de Vigo.