Facebook

Presentacións: “O Castelo do castro de Montes” e “Calendario Histórico. A Coruña 2021”

O día 1 de agosto ás 17’30 h. preséntase o libro “O Castelo do castro de Montes” de Xesús Antonio Gulías Lamas no Auditorio de Soutelo de Montes. Previamente terá lugar una xuntanza da Asociación dos Amigos de Terra de Montes.

Igualmente o 4 de agosto ás 20 h. preséntase o “Calendario Histórico. A Coruña 2021” na Librería Arenas da Coruña, coa presencia da alcaldesa e de Xosé Alfeirán entre otros.

Novo libre de José María Manuel García-Osuna y Rodríguez: “Urraca I de León, primera reina y emperatriz de Europa”

José María Manuel García-Osuna y Rodríguez, membro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, ven de presentar un novo libro para todos os amantes da Historia.

 O seu título Urraca I de León, primera reina y emperatriz de Europa, da editorial: Lobo Sapiens/El Forastero,  ISBN: 978-84.

 En el presente trabajo monográfico y biográfico me he acercado con un interés y rigor enormes, a una de las grandes reinas europeas y, ¡cómo no!, lo es de León, pero ella sabe de dónde viene y a donde va, y por esta razón se intitula siempre como: Emperadora de León y Reyna de toda Espanna. Ella es el Rey de León, ya que ese reino le pertenece, y así signa algunos diplomas”. Afirma su autor, José María M. García-Osuna Rodríguez”

Nalgures XV engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XV en PDF.

Descargar Nalgures Nº 15

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

No mes de marzo terá lugar o Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, que baixo o título: “Parque do Pasatempo ou o Mundo en Betanzos”, terá lugar no salón azul do Edificio Liceo este mes de marzo, sempre ás 20h.

  • 5 de marzo do 2020, Pilar Cagiao Vila
    De idas e voltas: as migracións galegas das américas e o seu impacto nas dúas beiras.
  • 12 de marzo do 2020, Sara Fraga Pérez
    Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naveira cos últimos resquicios do traxe tradicional galego.
  • 18 de marzo do 2020, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
    O Parque do Pasatempo: unha “finca-museo”. 
  • 26 de marzo do 2020, Ángel Arcay Barral
    Qué é o Parque do Pasatempo? Arte, capricho e iniciación.

Celebración da presentación de Nalgures XV

O día 11 de febreiro celebrouse a presentación da revista Nalgures XV no salón de actos do Casino da Coruña. Trala intervención de José Enrique Benlloch e José M. Bértolo, o socio Alfonso Daniel Fernández Pousada, escritor e periodista, presentou o seu artigo “De notarios a corsarios: principio y descendencia de los Gago”. A intervención, amena e interesante, foi moi aplaudida por todos os presentes ao acto.

Curiosamente outra persoa  serviuse da súa investigación para publicar estes días dous extensos artigos no Faro de Vigo.

Presentación de Nalgures XV

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XV no salón de actos do Sporting Club Casino da r/ Real, 83, o martes 11 de febreiro de 2020 ás 19’30 h.

A presentación correrá a cargo de José M. Bértolo e de José Enrique Benlloch del Río. Alfonso Fernández Pousada, licenciado en periodismo pola USC, exporá o seu artigo “De notarios a corsarios: principio y descendencia de los Gago”.

Índice de Nalgures XV

Ciclo de conferencias: “Historias de Tres Palacios”

A Real Academia  Galega de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias baixo o título de “Historias de Tres Palacios”, que serán impartidas no seu salón de actos os próximos días 21, 28 de xaneiro e 4 de febreiro.  A coordinación corre a cargo de Celestino García Braña e Alfredo Vigo Trasancos, membro da nosa Asociación.

Bo Nadal!

A asociación de Estudios Históricos de Galicia deséxalles un feliz Nadal e un próspero ano novo 2020!

Ciclo de conferencias Expediciones y Viajes Marítimos: “Ciencia, riqueza y sangre” (Siglos XV- XVII)

A  Fundación Biblioteca da Casa Consulado organiza un ciclo de conferencias, que se celebrarán os xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro, ás 19.30 h. na veciña igrexa das Capuchinas.

A duración estimada é de 45 minutos; seguidas dun breve coloquio. A entrada é gratuita. Recoméndase  inscripción previa, ao estar limitado o aforo.

1188, La cuna del parlamentarismo en Europa

Envíanos a seguinte noticia: O noso socio José María García-Osuna da este venres 18 una charla en Valladolid titulada “1188, La cuna del parlamentarismo en Europa”.

La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, un ejemplo de capital de un Estado señorial, 2ª Parte

A nosa asociada Rosa Mª Guntiñas Rodríguez envía a segunda parte do seu artigo: La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, “Un ejemplo de capital de un Estado señorial”, xa dispoñible na web para descargar.

La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, un ejemplo de capital de un Estado señorial (Parte II)

El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys”

El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys