Facebook

Nalgures XVII engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XVII en PDF.

Descargar Nalgures Nº 17

Presentación do libro “La otra Coruña, la ciudad de ls territorios”, do socio Arturo Abad

Presentación do libro “La otra Coruña, la ciudad de ls territorios”, do socio Arturo Abad, coa intervención de Mª de la O Suárez, arquiveira e cronista oficial da Coruña, e de José Ramón Calvete, presidente da Asociación de veciños de S. Pedro de Visma.

Terá lugar o próximo 22 de xuño ás 20 h. na Delegación Territorial da ONCE, r/ Cantón pequeño, 3 A Coruña.

Reserva de exemplares en tfno.. 981.22 24 42.

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

Betanzos ben vale unha visita. Así  que, co atractivo deste ciclo de conferencias, hai que achegarse á “Ciudad de los caballeros”.

Pésame

O día 24 tivo lugar o óbito do pai do noso secretario Javier García Gómez. Descanse en paz. Conta co apoio incondicional de todos os membros da Asociación nestes momentos de dor.

Pésame

O equipo directivo, xunto cos moitos socios que nos trasladaron o seu pésame, queremos manifestar o noso apoio e afecto aos socios José María e Wolfgang José García-Osuna polo falecemento da súa esposa e nai Consuelo Pérez. Nestas circunstancias non hai palabras que sirvan de conforto, pero queremos que reciban a calor dun abrazo dos que compartimos con eles un labor a través desta Asociación.

José Enrique Benlloch e o priorado de Moraime

Interesante ártigo publicado no diario dixital “Que pasa na costa” no que José Enrique Benlloch del Río nos segue debullando a importancia histórica de Moraime analizando fontes primarias. Podese ver aquí.

La ciudad de los territorios

Novamente o xornal La Opinión Coruña acheganos un ártigo do historiador Arturo Abad. Podese acceder neste ligazón.

Beatriz López: Cabildo y concello, una pugna fiscal

O xornal La Opinión Coruña adica un ártigo á historiadora Beatriz López. Podese acceder neste ligazón.

Presentación do libro: “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada”

Os socios José M. Bértolo e Luís Ferro presentan o seu libro “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada” o próximo día 25 de marzo ás 19’30 h. no Teatro Principal da Estrada. Debido á limitación do aforo, hai que solicitar invitación perante o Concello da Estrada.

Instituto de Historia y Cultura Militar: Curso de Vexiloloxía

O Instituto de Historia y Cultura Militar (IHCM), con sede en Madrid, desenrola anualmente unha serie de cursos en modalidades presencial e on-line. 

Nesta ocasión a celebración dun Curso de Vexiloloxía será en Madrid do 12 ao 21 de Abril (presencial e on-line).

Obxecto do curso:  Lograr que o alumno sexa capaz de identificar, clasificar e situar historicamente unha Bandeira ou Estandarte así como proporcionarlle unha linguaxe específica.

Información: Por correo ordinario dirixida ao Excmo. Sr. General Director del Instituto de Historia y Cultura Militar, Paseo de Moret, 3. 28008 – Madrid.

E/ou  no Museo Histórico Militar A Coruña,   Praza Carlos I, s/n,  15001 – A Coruña     Tfno. 981205300

El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna

O artigo “El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna” de Javier García Gómez, publicado no último Nalgures é obxecto de atención pola prensa.

Un retrato de la regatona coruñesa

A prensa faíse eco dun artigo publicado na nosa revista Nalgures. Trátase do artigo de María de la O Suarez sobre “As regatonas”.

Podedes facer click aquí.