Actividades » Excursión polar terras de Nemancos

Excursión polar terras de Nemancos

O pasado sábado 22 de outubro varios membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia fixemos unha excursión por terras de Nemancos.

En primeiro lugar  achegámonos á igrexa de Santa María de Muxía, onde Enrique Benlloch, gran coñecedor de todo o relacionado con esta terra, nos explicou os detalles da igrexa e da súa historia.

Tras unha breve visita á Virxe da Barca, dirixímonos a Moraime onde unha guía local nos debullou cada detalle desta interesante igrexa, tanto polos súas esculturas como polas pinturas, e que pertenceu ao mosteiro hoxe desaparecido, pero que coñecemos a través dos artigos de Enrique publicados na revista Nalgures.

Cando estabamos para rematar a visita, o ceo abriu as comportas e recibimos unha chuvia que batía en nós de xeito diagonal. O ágape foi en Baíñas onde, mentres degustabamos un menú abundante, o faladoiro se desenvolveu nun ambiente excelente.

Pola tarde visitamos o Castelo de Vimianzo e logo o pazo de Torres do Allo e arredores, que nos serviu para departir sobre heráldica e iconografía. En fin, unha xornada amena e frutífera.