Noticias » Exposición “El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos” na mostra itinerante “A memoria do son”.

Exposición “El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos” na mostra itinerante “A memoria do son”.

A mostra itinerante “A memoria do son pode visitarse dende o 19 de xaneiro ata o 20 de febreiro na Oficina de Turismo de Ribadeo, na que se expoñen instrumentos musicais de orixe medieval construidos polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) feitos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez.

A estancia desta mostra en Ribadeo inclúe excepcionalmente nesta ocasión a exposición pública por vez primeira dun pergamino dos séculos XIII-XIV reutilizado como cuberta dun libro do século XVI, que foi atopado recentemente no arquivo histórico municipal de Ribadeo polo noso socio Alberto Paraje, sendo obxecto dun traballo específico publicado no último número da nosa revista Nalgures, proximamente na nosa web.

Descarga “El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos

Neste pergamino, procedente dun Breviario catedralicio e que pasa por ser o documento máis antigo existente no arquivo do concello de Ribadeo, atopáronse varias pezas de canto gregoriano grafiadas en antiga notación aquitana, que con motivo desta exposición foron interpretadas e grabadas pola Coral Polifónica de Ribadeo, accesible neste enlace ou ao final desta publicación.