Unha nova edición da miscelánea estradense chega ás nosas mans, o número 28 (2025), con oito traballos de investigación nos eidos da historia, tradicións e cultura arredor desta comarca; editada pola Fundación Cultural da Estrada, Museo do Pobo Estradense “Manuel Reimóndez Portela”.
Entre os artigos publicados destaca un traballo do noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, José M. Bértolo Ballesteros titulado “Voluntarios das terras da Estrada e de Montes no Batallón Literario”; no que presenta unha exposición sobre a súa constitución e actuación durante a Guerra de Independencia, a relación dos cadetes voluntarios orixinarios destas terras, a bandeira, uniforme, as campañas do Batallón, ademais das vítimas do exército francés que loitaron por defender a liberdade fronte ao invasor napoleónico.


