Noticias » Nalgures XXIV

Nalgures XXIV

O pasado xoves, 15 de xaneiro, presentamos nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña a edición XXIV da publicación Nalgures, editada pola Asociación de Estudios Históricos de Galicia; e disfrutamos da interesante conferencia de José M. Bértolo titulada “Os alfolís do sal na vila de Laxe”.

Este novo número da revista chega as nosas mans un ano máis tras superar ese simbólico ecuador que supón o vinte aniversario da propia publicación. Esa continuidade é un feito relevante; unha admirable expresión desa vitalidade e robustez que ten en si mesmo como proxecto colectivo e como puntal das iniciativas da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. A vocación de rigor e o compromiso cos estudos culturais segue, deste xeito, presente outro ano máis pola vontade dos seus socios.

Neste número que os lectores teñen entre mans, en algo mais de 350 páxinas, hai nove artigos moi plurais que supoñen un percorrido de gran valor por variados aspectos históricos de Galicia, un amplo número de perspectivas de estudio e temáticas, desde este momento, dispoñible para consulta e descarga na nosa web.

Índice de contidos de Nalgures XXIV

  • Arturo Abad Pardo: Noventa y seis pilas: la antigua provincia de A Coruña. Su participación en la Guerra de Sucesión.
  • Cristina Barreiro Abuín: Las obras de Hernando dela Portilla y Gaspar de Arce para la diócesis de Lugo. Aportación documental y gráfica.
  • José M. Bértolo Ballesteros: Os alfolís do sal na vila de Laxe.
  • Luisa Danigo: Galicia despacha «el socorro a Bretaña» por orden de Felipe II.
  • Blais do Río Cañete: Novos personaxes na colección de retratos do seminario de Santiago: Dionisio Fierros e os monxes misioneiros.
  • Javier García Gómez: O mosteiro de Santa María de Cambre, epicentro das loitas polas rendas e dereitos eclesiásticos entre os séculos XV e XVI.
  • Rosario Martínez Martínez: La implicación de Sofía Casanova en la lucha antituberculosa de las primeras décadas del s. XX.
  • Carlos Pereira Martínez: O espiritismo na cidade de Pontevedra desde finais do século XIX ata a Guerra Civil.
  • Ana Romero Masiá: Un mercado coruñés especializado: o dos allos de Malpica.