Noticias » Nalgures XVI. Monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300)

Nalgures XVI. Monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300)

Acaba de saír do prelo unha nova revista Nalgures. Trátase dun monográfico sobre o mosteiro  cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300).

O que  se ofrece é o ficheiro de traballo sobre o que ata finais de 2015 José Luis López Sangil, fundador e presidente da nosa asociación, foi engadindo datos novos, ampliando outros e eliminando datos erróneos, en fin, un tear no que con suma paciencia e interese tecía o tapiz no que se recollían as primeiras centurias da vida monástica de Monfero. Neste arduo labor foi axudado polos socios e amigos Manuel Vidán Torreira e Mª Josefa Sanz Fuentes.

O noso agradecemento a Mª Josefa Sanz Fuentes que foi quen de preparar este traballo para súa publicación.