Noticias » D. Martiño Montero Santalla

D. Martiño Montero Santalla

D. Martiño Montero Santalla, membro da nosa Asociación de Estudios Históricos de Galicia e profesor da Universidade de Vigo, tomou posesión o día 15 de xullo como membro da Academia das Ciências de Lisboa, unha das institucións científicas máis antigas de Portugal, fundada en 1779.

Durante a súa intervención no acto, que levou por título A Galiza na Lusofonia, Montero Santalha, ademais de agradecer a acollida que se dá a Galicia con estes nomeamentos, comentou que a lingua de Galicia “é unha forma do idioma que no mundo se coñece como língua portuguesa, de modo que Galicia fai parte, con pleno dereito, do mundo da lusofonía, como teñen afirmado figuras tan importantes da cultura galega como Murguía, Castelao ou Carvalho Calero”.

Os nosos parabéns polo recoñecemento que isto supón para el e as nosas máis efusivas felicitacións.