Noticias » Exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume

Exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume

Sempre vale a pena visitar Pontedeume. Unha disculpa pode ser a visita a esta exposición:

A exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume propón un percorrido polo pasado da vila a través de 16 espazos temáticos, desde a súa fundación en 1270 na beira da ponte que lle dá nome, ata a súa configuración como centro comarcal de servizos, pasando polo seu pasado señorial e polos fitos que configuran a súa identidade. E faino recollendo os documentos escritos e iconográficos máis representativos, contrapoñéndoos ao labor dos historiadores que os exhumaron e utilizaron. A eles dedícase o último espazo, porque sen historia escrita non hai Historia e sen Historia non hai pasado.