Noticias » Presentación do libro: Memoria histórica do barrio de Canido

Presentación do libro: Memoria histórica do barrio de Canido

O próximo mércores 17 de abril ás 20:00 horas presentarase en Ferrol o libro ” Memoria histórica do barrio de Canido”, de varios autores. Nel colabora o socio Jose María López-Dafonte Sanjuán co artígo: ” El Hospicio de Ferrol y sus circunstancias”. 

 A aportación de José María representa un traballo de investigación sobre esta institución ferrolá, especialmente sobre a súa escola e academia de música durante o reinado  de Isabel II ( 1843-1868) e durante a Restauración ( 1875-1902).