Noticias » Faladoiros 2019

Faladoiros 2019

Os Faladoiros son conferencias, representacións de pequena pezas teatrais, concertos, degustacións de gastronomía romana e obradoiros infantís e xuvenís organizadas dende o Museo, dirixidos a acercar á veciñanza e mais aos visitantes distintos aspectos da vida cotiá dos antigos poboadores de Cambre, poñendo o foco na época de convivencia entre a cultura castrexa e romana. Estes faladoiros serven como elemento de presentación e de acercamento á Romaría Galaico Romana Galaicoi, contándose para a súa realización principalmente con asociacións de recreadores.

  • Conferencia: “As orixes do teatro grecolatino”. Data: 2 de marzo de 2019. Horario: 11:00 horas. Lugar: Museo Xacemento Romano Cambre. Aberta ao público en xeral
  • Conferencia: “O calzado na antigüedade”. Data: 23 de marzo de 2019. Horario. 11:00 horas. Lugar: Museo Xacemento Romano Cambre. Aberta oa público en xeral
  • Tarde de History living: representacións de microteatro, escenas da vida cotiá, música, obradoiros infantís. Data: 13 de abril de 2019. Horario: 16:00 horas. Lugar de encontro: Parque Ramón Barba. Aberta ao público en xeral

Para o acceso a estas actividades non será necesario inscrición. O custo é gratuito. As datas e a  hora para a realización das actividades serán publicadas na web municipal así  como nas redes sociais e a través de cartelería.