(Page 2)

Facebook

A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural.

Onte, 27 de decembro, presentouse no Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, a XXVII edición da revista A Estrada Miscelánea Histórica e Cultural. Entre os seus variados traballos de investigación histórica, arqueolóxica, artística e cultural, inclúense os asinados por varios membros da nosa Asociación.

Luis Manuel Ferro Pego xunto con José Manuel Bértolo Ballesteros, presentan “Mosteiro femenino de San Xurxo de Codeseda”, un estudo sobre as orixes, a vida monástica, o réxime económico, os privilexios, doazóns, bulas e concesións reais, xunto coas inscricións que formaron parte deste antigo mosteiro.

Javier García Gómez, baixo o título “A Estrada a mediados do século XX. Documentos cartográficos e planimetría”, analiza as representacións cartográficas deste concello a través das fontes documentais e rexistros de actas, cadernos de campo, planimetrías e altimetrías como orixe do Mapa Topográfico Nacional.

“Manuel de Amenedo Montenegro, un cura gallego en la revolución rioplatense” de Carlos Zubillaga

“Manuel de Amenedo Montenegro, un cura gallego en la revolución rioplatense” de Carlos Zubillaga. Unha investigación minuciosa, coidada e ampla sobre Manuel de Amenedo, sobre a sociedade en que naceu e sobre a que desenrolou o seu labor. Calquera lector quedará moi satisfeito de seguir a descrición da vida e obra de Manuel de Amenedo, e os historiadores e afeccionados á Historia atoparán un modelo a seguir tanto na metodoloxía como na súa atractiva narrativa. JMBértolo.

O estanco do sal no Reino de Galicia: Os alfolís de Laxe

O estanco do sal no Reino de Galicia: Os alfolís de Laxe. Iste é o titulo da charla que dará o socio José M. Bértolo Ballesteros no Museo do Mar de Laxe o próximo 23 de xullo ás 18 h.

De la ilusión al declive del sueño ilustrado en la periferia de las Luces: los espacios de saber en la Galicia del Antiguo Régimen (siglos XVIII-XIX)

O noso compañeiro da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, Álvaro Benedicto Pérez Sancho, participa con esta comunicación no congreso titulado “Academias y lugares del saber en el siglo XVIII entre Italia y España. Ciencias, artes, literatura, política y sociabilidad”, na Sesión H: Las ciencias y el mundo académico, en el Tercer Encuentro bilateral de las Sociedades Españolas e Italiana para el estudio del siglo XVIII.
Dipartimento di Scienze della Formazione. Università degli Studi di Catania del 26 al 28 de junio de 2024.

Juan José Burgoa Fernández. Ferrol, 1944-2024.

O pasado 7 de xuño deixounos o noso compañeiro da Asociación, Juan José Burgoa na súa cidade natal de Ferrol. Marino de profesión, escritor e investigador, foi autor dun cento de publicacións e artigos de investigación histórica, etnográfica e cultural.

Colaborou con varios medios de comunicación e publicacións especializadas como Anuario Brigantino, Estudios Mindonienses, Nalgures, Cátedra, Revista de Neda, Rudesindus, Restauro, Cuadernos de Estudios Gallegos, Abrente, Museo de Pontevedra, Museo de Lugo, Nordesía, Ferrol Análisis, Atenea, Papeis Ártabros, Arimathea, Ferrol Metrópoli, entre outras, destacando a súa laboura na catalogación do patrimonio etnográfico de Galicia.

Para a revista Nalgures achegou varios traballos, sendo unha figura clave e destacada na andadura da publicación desde os seus inicios:

  • 2005. II. A Lagoa de Doniños en Ferrol e as lendas de cidades asolagadas.
  • 2006. III. Vida y obra del Marqués de Amboage. Historia de su fundación benéfica.
  • 2007. IV. A editorial ferrolá Céltiga (1921-1923).
  • 2009. V. José Alonso López en las Cortes de Cádiz. La abolición del Voto de Santiago.
  • 2010. VI. A protesta de Pedro Padrón, ante la corte de Juan II (año 1432).
  • 2011. VII. Jose Ferrer de Couto, historiador y periodista ferrolano.
  • 2012. VIII. La armada gallega de Diego Gelmírez.
  • 2013. IX. Santa Catalina de Montefaro (coautor).
  • 2014. X. El Tinglado de Maestranza del Arsenal de Ferrol (250 años de un edifcio industrial del siglo XVIII).
  • 2015. XI. Vida y obra de Nicolás Fort y Roldán, un escritor y militar ferrolano.
  • 2016. XII. Fundación del Monasterio de Pedroso el año 1111 Primera mención documentada de la Villa de Ferrol (coautor).

Desde a Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, sumámonos á homenaxe que merece, lembrando a súa traxectoria desde o máis sincero respeto como persoa, profesional e investigador, ó que tanto debemos agradecer pola súa aportación a prol dos estudios históricos en Galicia.

Premios da Cultura Galega 2023

Hoxe mércores, 7 de febreiro, entregáronse os Premios da Cultura Galega 2023 no antiguo convento pontevedrés de Santa Clara, nas súas oito categorías

No apartado de Patrimonio Cultural o galardón foi para o historiador, profesor e investigador D. Eduardo Pardo de Guevara, Socio de Honra da Asociación de Estudios Históricos de Galicia. Como se reseña na convocatoria, este galardón pretende valorar a traxectoria meritoria vinculada á protección, conservación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación.

Vaia desde aquí o noso recoñecemento e noraboa por este merecido premio.

Presentación Nalgures XXI

Onte martes, 23 de xaneiro, presentamos a revista da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Nalgures XXI, correspondente ó ano 2023, composta de 11 artigos de investigación de variada temática histórica, cultural e social. O acto, ó que asistiron numerosas persoas, celebrouse nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña, e contou coa conferencia de D. Arturo Abad Pardo titulada “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la Guerra de Sucesión, 1700 – 1714”.

A partir desta data, xa está dispoñible nas principais bibliotecas e arquivos de Galicia, ademais da nosa páxina web.

Nalgures XXI engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XXI en PDF.

Descargar Nalgures Nº 21

Presentación Nalgures XXI

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XXI o vindeiro martes 23 de xaneiro de 2024 ás 20 h. na 3ª planta do Sporting Club Casino, rúa Real, 83.

De seguido, conferencia de D. Arturo Abad Pardo: “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la Guerra de Sucesión, 1700-1714”.

A Estrada, miscelánea histórica e cultural.

O vindeiro martes 26 de decembro preséntase, ás 20:00 horas no Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, a XXVI edición da revista Miscelánea Histórica e Cultural. Entre os seus variados traballos, inclúense os asinados por varios membros da nosa Asociación.

Luis Ferro Pego xunto con Xosé Troiano Carril, presentan “Campás e campaneiros”, un estudo sobre as campás que inclúe un inventario de todas as do concello da Estrada, ademais dunha completa relación dos mestres fundidores acompañada dunha breve xenealoxía de cada un deles.

Xosé Manuel Bértolo Ballesteros analiza no seu artigo “O doutor Ramón Amigo Brey”, a biografía deste médico, coñecido tanto na Coruña, donde exerceu o seu oficio, como na súa parroquia de nacemento no 1860, Oca de Arriba. Ilustres literatos como Emilia Pardo Bazán, Manuel Reimóndez ou Victoria Armesto adicaron numerosas páxinas a este personaxe.

Javier García Gómez, baixo o título “Dereitos de presentación, rendas, padroado e beneficios de San Martiño Pinario e a Universidade de Santiago, sobre varias parroquias da Estrada no século XVI”, analiza estas obrigas nas freguesías estradenses de Moreiras, Frades, Matalobos, Orazo e San Xurxo, San Xiao e San Andrés de Vea.

Adxuntamos publicación no xornal La Voz de Galicia do 21 de decembro do 2023.

O monasterio de San Cibrao de Bribes

Presentación do libro a cargo do noso compañeiro da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, Javier García Gómez, o día 17 de decembro ás 12:00 horas no local da Asociación Veciñal O Cruceiro de Bribes (Riveiriña, Bribes, Cambre).

Nas súas case 400 páxinas ilustradas detállase a historia deste mosteiro de As Mariñas da Coruña, cuxas primeiras referencias documentais remóntanse a principios do século X, a súa orixe e asentamento, o seu papel na articulación territorial, e as numerosas concesións reais. ata a súa anexión a San Martiño Pinario de Santiago a finais do século XV, por mandato dos Reis Católicos.

Na Idade Moderna, como priorato dependente, analízanse a súa organización e goberno, xurisdición territorial, relacións coa comunidade e sistema económico. Descríbese a súa arquitectura, dependencias e as manifestacións artísticas da parroquia asociada. A partir do século XIX detállanse os procesos de desamortización que levaron ao seu estado actual.

Complétase cun detallado anexo documental coa transcrición de 58 documentos, fontes primarias na súa maioría inéditas, desde 1182 ata finais do século XIX, que axudan a contextualizar o corpus descritivo.

Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“

Descargar publicación