Articles posted by admin (Page 7)

Author Archives: admin

Facebook

9 de octubro

Magnífica jornada de confraternidad y estudio que pasamos este sabado 9 de octubro varios de los miembros de la Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, visitando el monasterio de Sobrado dos Monxes, los frescos de la enigmática iglesia de Santa María de Labrada (Guitiriz) y el campamento romano de Ciadella (Sobrado) en el que posamos en cuasi-perfecta formación emulando a los disciplinados soldados romanos de la Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum con base en Lucus Augusti, que aquí estuvieron establecidos hace 1.800 años, vigilando la importantísima Vía XX, per loca maritima, que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) pasando por Brigantium (A Coruña) y Lucus Augusti (Lugo).

Novo artigo de Ana Romero Masiá: “Entre a protección e o control. As espontaneadas da Coruña e Ferrol (1750-1800)”

A catedrática Ana Romero Masiá, membro da directiva da nosa Asociación e directora do Instituto José Cornide da Coruña, envíanos para a súa difusión o seu interesante artigo “Entre a protección e o control. As espontaneadas da Coruña e Ferrol (1750-1800)”.

Descargar publicación

Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes”, por José Manuel Bértolo Ballesteros

Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes”, por José Manuel Bértolo Ballesteros.

Terá lugar o próximo Sábado día 2 de outubro no Auditorio-Centro Cultural de Cerdedo:

  • Ás 17:30 horas -no citado Auditorio- verbas de homenaxe e imposición das correspondentes insignias de ouro da Asociación Amigos de Terra de Montes a: José Fortes Muradás (Beariz), Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade) e José María Álvarez Sanmartín (Forcarei).

  • A continuación, finalizando as actividades da xornada: Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes” do Catedrático e Investigador natural de Soutelo de Montes, José Manuel Bértolo Ballesteros. Unha publicación promovida pola Asociación, con deseño da cuberta obra do pintor Xosé Caramés Campos, prólogo de Xesús Antonio Gulías Lamas e patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia

Nalgures XVII engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XVII en PDF.

Descargar Nalgures Nº 17

Presentación do libro “La otra Coruña, la ciudad de ls territorios”, do socio Arturo Abad

Presentación do libro “La otra Coruña, la ciudad de ls territorios”, do socio Arturo Abad, coa intervención de Mª de la O Suárez, arquiveira e cronista oficial da Coruña, e de José Ramón Calvete, presidente da Asociación de veciños de S. Pedro de Visma.

Terá lugar o próximo 22 de xuño ás 20 h. na Delegación Territorial da ONCE, r/ Cantón pequeño, 3 A Coruña.

Reserva de exemplares en tfno.. 981.22 24 42.

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

Betanzos ben vale unha visita. Así  que, co atractivo deste ciclo de conferencias, hai que achegarse á “Ciudad de los caballeros”.

Pésame

O día 24 tivo lugar o óbito do pai do noso secretario Javier García Gómez. Descanse en paz. Conta co apoio incondicional de todos os membros da Asociación nestes momentos de dor.

Pésame

O equipo directivo, xunto cos moitos socios que nos trasladaron o seu pésame, queremos manifestar o noso apoio e afecto aos socios José María e Wolfgang José García-Osuna polo falecemento da súa esposa e nai Consuelo Pérez. Nestas circunstancias non hai palabras que sirvan de conforto, pero queremos que reciban a calor dun abrazo dos que compartimos con eles un labor a través desta Asociación.

José Enrique Benlloch e o priorado de Moraime

Interesante ártigo publicado no diario dixital “Que pasa na costa” no que José Enrique Benlloch del Río nos segue debullando a importancia histórica de Moraime analizando fontes primarias. Podese ver aquí.

La ciudad de los territorios

Novamente o xornal La Opinión Coruña acheganos un ártigo do historiador Arturo Abad. Podese acceder neste ligazón.

Beatriz López: Cabildo y concello, una pugna fiscal

O xornal La Opinión Coruña adica un ártigo á historiadora Beatriz López. Podese acceder neste ligazón.

Presentación do libro: “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada”

Os socios José M. Bértolo e Luís Ferro presentan o seu libro “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada” o próximo día 25 de marzo ás 19’30 h. no Teatro Principal da Estrada. Debido á limitación do aforo, hai que solicitar invitación perante o Concello da Estrada.