Articles posted by admin (Page 2)

Author Archives: admin

Facebook

Novo artigo de José M. Bértolo: “Xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días”

José M. Bértolo presenta a xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días. Os Ballesteros viviron nos pazos de Tarrío (Dodro) e Golpilleira (Vilagarcía) e nas casas fidalgas de Monteagudo (Codeseda), Ribela e dos Araúxo en A Ponte (as tres últimas no concello da Estrada).  Ademais o primeiro matrimonio Ballesteros del Mazo figura como proxenitores de Julia de Castro, a ascendente máis antiga de Rosalía de Castro e de quen recibe o apelido.

Descargar publicación

Alecríns 2023

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, FEGALCAT, ven de conceder os seus premios Alecríns 2023, efectivos na xuntanza que terá lugar en Castro Caldelas o vindeiro 9 de agosto.

Entre os galardoados nos diversos eidos da cultura e as artes, en votación por unanimidade, destacamos ao noso compañeiro da Asociación Estudios Históricos de Galicia, D. Alberto Paraje Méndez, que acadou o premio Alecrín na seción de Historia.

A nosa noraboa por este premio, que recolle unha longa traxectoria de investigación histórica de Galicia.

Coloquio Internacional: “Un océano, dous destinos”

O vindeiro mes de setembro, do 13 ao 15, na cidade de Ferrol, celebrarase o Coloquio Internacional: “Un océano, dous destinos”. A inscrición é gratuíta a través deste sitio web. Adxuntamos o programa para a súa consulta.

Actualización do artigo ″Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou novamente o seu artigo Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“

Descargar publicación

Actualización do artigo ″Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“

Descargar publicación

Conferencia de Rosario Martínez

Rosario Martínez, membro da Directiva da nosa Asociación, dará unha conferencia en Santiago de Compostela sobre Sofía Casanova o próximo día 22 de xuño. A continuación haberá un coloquio.

Nova publicación de Pedro López Gómez: “Tres miradas sobre Galicia”

Pedro López Gómez envía para descargar o artigo: “Tres miradas sobre Galicia”, reseña publicada no Boletín Anabad. LXXII (2022), Num. 4

Descargar publicación

Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“

Descargar publicación

Publicación de Pedro López Gómez: “Francisco Fernández del Riego, y los archiveros-bibliotecarios”

Pedro López Gómez envía para descargar o artigo: “Francisco Fernández del Riego, y los archiveros-bibliotecarios”.

Destaca a estreita relación que uniu sempre a don Paco cos arquivos e as bibliotecas e co colectivo profesional representado pola asociación ANABAD.

Descargar publicación

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: ”Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística”

Descargar publicación

Instituto Cornide, artigo na prensa

A prensa faise eco do novo rumbo do Instituto Cornide coa súa nova directiva: “El Instituto Cornide se reactiva tras su travesía por el desierto: Aquí ninguén cobra nada, isto é un altruísmo total”

La Voz de Galicia, 22 maio 2023

Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″

José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“

Descargar publicación