Noticias » Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino

No mes de marzo terá lugar o Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, que baixo o título: “Parque do Pasatempo ou o Mundo en Betanzos”, terá lugar no salón azul do Edificio Liceo este mes de marzo, sempre ás 20h.

  • 5 de marzo do 2020, Pilar Cagiao Vila
    De idas e voltas: as migracións galegas das américas e o seu impacto nas dúas beiras.
  • 12 de marzo do 2020, Sara Fraga Pérez
    Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naveira cos últimos resquicios do traxe tradicional galego.
  • 18 de marzo do 2020, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
    O Parque do Pasatempo: unha “finca-museo”. 
  • 26 de marzo do 2020, Ángel Arcay Barral
    Qué é o Parque do Pasatempo? Arte, capricho e iniciación.