Articles posted by admin (Page 9)

Author Archives: admin

Facebook

Celebración da presentación de Nalgures XV

O día 11 de febreiro celebrouse a presentación da revista Nalgures XV no salón de actos do Casino da Coruña. Trala intervención de José Enrique Benlloch e José M. Bértolo, o socio Alfonso Daniel Fernández Pousada, escritor e periodista, presentou o seu artigo “De notarios a corsarios: principio y descendencia de los Gago”. A intervención, amena e interesante, foi moi aplaudida por todos os presentes ao acto.

Curiosamente outra persoa  serviuse da súa investigación para publicar estes días dous extensos artigos no Faro de Vigo.

Presentación de Nalgures XV

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XV no salón de actos do Sporting Club Casino da r/ Real, 83, o martes 11 de febreiro de 2020 ás 19’30 h.

A presentación correrá a cargo de José M. Bértolo e de José Enrique Benlloch del Río. Alfonso Fernández Pousada, licenciado en periodismo pola USC, exporá o seu artigo “De notarios a corsarios: principio y descendencia de los Gago”.

Índice de Nalgures XV

Ciclo de conferencias: “Historias de Tres Palacios”

A Real Academia  Galega de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias baixo o título de “Historias de Tres Palacios”, que serán impartidas no seu salón de actos os próximos días 21, 28 de xaneiro e 4 de febreiro.  A coordinación corre a cargo de Celestino García Braña e Alfredo Vigo Trasancos, membro da nosa Asociación.

Bo Nadal!

A asociación de Estudios Históricos de Galicia deséxalles un feliz Nadal e un próspero ano novo 2020!

Ciclo de conferencias Expediciones y Viajes Marítimos: “Ciencia, riqueza y sangre” (Siglos XV- XVII)

A  Fundación Biblioteca da Casa Consulado organiza un ciclo de conferencias, que se celebrarán os xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro, ás 19.30 h. na veciña igrexa das Capuchinas.

A duración estimada é de 45 minutos; seguidas dun breve coloquio. A entrada é gratuita. Recoméndase  inscripción previa, ao estar limitado o aforo.

1188, La cuna del parlamentarismo en Europa

Envíanos a seguinte noticia: O noso socio José María García-Osuna da este venres 18 una charla en Valladolid titulada “1188, La cuna del parlamentarismo en Europa”.

La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, un ejemplo de capital de un Estado señorial, 2ª Parte

A nosa asociada Rosa Mª Guntiñas Rodríguez envía a segunda parte do seu artigo: La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, “Un ejemplo de capital de un Estado señorial”, xa dispoñible na web para descargar.

La villa de Monforte a la luz del Catastro de Ensenada, un ejemplo de capital de un Estado señorial (Parte II)

El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys”

El ferrolano Coro “Toxos e Froles” visita en Barcelona a los Presidents Francesc Maciá y Lluis Companys

Manuel Vidan Torreira

Hoxe deixounos Manuel Vidan Torreira aos 95 anos. Os membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia tivemos o honor de que compartira connosco a súa bonhomía e o seu saber. Algúns exemplos da súa contribución cultural podémolos ver a través do noso Nalgures.
Desde aquí o noso máis sincero pésame á súa familia e amigos.

Nalgures XIV engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XIV en PDF.

Descargar Nalgures Nº 14

Camino interior en la madrugada MADRID

O socio e durante moito tempo secretario da nosa Asociación Jose Luis Pardo Caeiro presenta e asina estes días en Madrid o seu libro: “Camino interior en la madrugada MADRID”

Antonio Farinós Pérez, Radiotelegrafista de la Armada asesinado en San Fernando

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “Antonio Farinós Pérez, Radiotelegrafista de la Armada asesinado en San Fernando”

Antonio Farinós Pérez, Radiotelegrafista de la Armada asesinado en San Fernando