{"id":6,"date":"2014-10-27T15:15:56","date_gmt":"2014-10-27T15:15:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.estudioshistoricos.com\/?page_id=6"},"modified":"2019-01-20T15:33:43","modified_gmt":"2019-01-20T15:33:43","slug":"estatutos","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/?page_id=6","title":{"rendered":"Estatutos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO I\u00a0<\/strong><strong>DA ASOCIACI\u00d3N EN XERAL<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 1. Denominaci\u00f3n e natureza<\/strong><\/p>\n<p>Coa denominaci\u00f3n de \u201cASOCIACI\u00d3N CULTURAL DE ESTUDIOS HIST\u00d3RICOS DE GALICIA\u201d, constit\u00faese unha organizaci\u00f3n de natureza asociativa e sen \u00e1nimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola, na Lei org\u00e1nica 1\/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociaci\u00f3n e demais lexislaci\u00f3n aplicable<\/p>\n<p><strong>Art. 2 Personalidade e capacidade<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n constitu\u00edda ten personalidade xur\u00eddica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeici\u00f3n ao establecido no ordenamento xur\u00eddico.<\/p>\n<p><strong>Artigo 3. Domicilio<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n establece o seu domicilio social na r\u00faa Sinf\u00f3nica de Galicia, n\u00ba 8, planta 10\u00ba D, 15004 &#8211; A Coru\u00f1a, tlf. *****93, correo electr\u00f3nico: webmaster(a de arroba)estudioshistoricos.com, p\u00e1x. web: www.estudioshistoricos.com<\/p>\n<p><strong>Artigo 4. \u00c1mbito de actuaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O \u00e1mbito territorial no que a asociaci\u00f3n vai a desenvolver principalmente as s\u00faas actividades \u00e9 auton\u00f3mico (Galicia).<\/p>\n<p><strong>Artigo 5. Duraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n constit\u00faese por tempo indefinido e rexerase segundo os principios democr\u00e1ticos contidos no marco da Constituci\u00f3n e o resto do ordenamento xur\u00eddico.<\/p>\n<p><strong>Artigo 6. Fins<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Son fins principais da asociaci\u00f3n promover e intensificar o desenrolo cient\u00edfico e a difusi\u00f3n dos estudios hist\u00f3ricos de Galicia.<\/li>\n<li>Para levar a cabo os seus fins, a asociaci\u00f3n poder\u00e1 organizar as seguintes actividades:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Conferencias e cursos<\/li>\n<li>Coloquios e viaxes de estudio<\/li>\n<li>Publicar monograf\u00edas, revistas, v\u00eddeos e pel\u00edculas editados pola Asociaci\u00f3n ou outras entidades<\/li>\n<li>En xeral, calquera acto permitido de expresi\u00f3n e divulgaci\u00f3n do seu obxectivo.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Os beneficios que se obte\u00f1an por calquera concepto destinaranse exclusivamente \u00f3 cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas f\u00edsicas ou xur\u00eddicas con interese lucrativo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO II\u00a0<\/strong><strong>DAS PERSOAS ASOCIADAS<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 7. Requisitos <\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Para adquirir a condici\u00f3n de persoa asociada requ\u00edrese ser persoa f\u00edsica ou xur\u00eddica e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>As persoas f\u00edsicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitaci\u00f3n ou condici\u00f3n legal para o exercicio do dereito.<\/li>\n<li>Os menores de m\u00e1is de 14 anos non emancipados necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a s\u00faa capacidade.<\/li>\n<li>As persoas xur\u00eddicas de natureza asociativa requirir\u00e1n o acordo expreso do seu \u00f3rgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu \u00f3rgano reitor.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 8. Clases de persoas asociadas<\/strong><\/p>\n<p>Dentro da asociaci\u00f3n poder\u00e1n existir as seguintes clases de asociados ou asociadas:<\/p>\n<ol>\n<li>Fundadores ou fundadoras, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.<\/li>\n<li>Numerarios ou numerarias, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade \u00e1 subscrici\u00f3n da acta fundacional.<\/li>\n<li>De honra, aquelas persoas que, polos seus m\u00e9ritos persoais ou profesionais ou por ter contribu\u00eddo de xeito relevante ao desenvolvemento da asociaci\u00f3n, sexan nomeados pola Asemblea Xeral.<\/li>\n<li>Xuven\u00eds, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociaci\u00f3n, que estar\u00e1n integradas na secci\u00f3n xuvenil, no seu caso.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 9. Perda da condici\u00f3n de persoa asociada<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>A condici\u00f3n de asociado ou asociada p\u00e9rdese:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Por vontade propia, que se far\u00e1 efectiva mediante presentaci\u00f3n de renuncia, por escrito ante a Xunta Directiva e dirixida a secretar\u00eda da asociaci\u00f3n. A renuncia ter\u00e1 efectos desde a data da s\u00faa presentaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Por falta de pagamento de d\u00faas cotas, que ser\u00e1 efectiva desde a notificaci\u00f3n do acordo adoptado pola Xunta Directiva, ao interesado. A persoa que perdese a s\u00faa condici\u00f3n de asociada polo suposto sinalado no apartado anterior, poder\u00e1 ser rehabilitada na s\u00faa condici\u00f3n de asociada, se no prazo de seis meses desde a notificaci\u00f3n abonase as cotas pendentes de pago.<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Por incumprimento dos presentes estatutos ou dos acordos validamente adoptados polos \u00f3rganos da asociaci\u00f3n, as\u00ed como pola realizaci\u00f3n de acci\u00f3ns que prexudiquen gravemente os intereses da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Por falecemento da persoa f\u00edsica ou extinci\u00f3n da persoa xur\u00eddica.<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"2\">\n<li>A expulsi\u00f3n de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do par\u00e1grafo anterior, ser\u00e1 acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsi\u00f3n deber\u00e1 ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a s\u00faa resoluci\u00f3n poderase recorrer ante a xurisdici\u00f3n ordinaria.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 10. Dereitos<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>As persoas asociadas te\u00f1en os seguintes dereitos:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Participar nas actividades da asociaci\u00f3n<\/li>\n<li>Ser electoras e elixibles para os cargos dos \u00f3rganos de goberno.<\/li>\n<li>Participar nas Asembleas con voz e voto.<\/li>\n<li>Recibir informaci\u00f3n da composici\u00f3n dos \u00f3rganos de goberno e representaci\u00f3n da asociaci\u00f3n, do seu estado de contas e do desenvolvemento da s\u00faa actividade.<\/li>\n<li>Acceder \u00e1 documentaci\u00f3n da asociaci\u00f3n a trav\u00e9s dos \u00f3rganos de representaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Ser o\u00eddas con car\u00e1cter previo \u00e1 adopci\u00f3n de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar \u00e1s ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impo\u00f1a a sanci\u00f3n.<\/li>\n<li>Impugnar os acordos dos \u00f3rganos da asociaci\u00f3n que estime contrarios \u00e1 lei ou \u00f3s estatutos.<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"2\">\n<li>Non poder\u00e1n exercer o dereito de sufraxio activo e pasivo as persoas asociadas que non estean ao d\u00eda no pagamento das cotas sociais.<\/li>\n<li>As persoas asociadas de honra non intervir\u00e1n na direcci\u00f3n da asociaci\u00f3n nin nos \u00f3rganos de representaci\u00f3n desta, pero poder\u00e1n asistir \u00e1s asembleas con voz, pero sen voto.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 11. Obrigas<\/strong><\/p>\n<p>Son obrigas das persoas asociadas:<\/p>\n<ol>\n<li>Cumprir os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados polos \u00f3rganos de goberno e representaci\u00f3n da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Pagar as cotas que de conformidade cos estatutos, se establezan.<\/li>\n<li>Desempe\u00f1ar as obrigas inherentes aos cargos para os que foron elixidas.<\/li>\n<li>Asistir \u00e1s asembleas e demais actos organizados pola asociaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO III\u00a0<\/strong><strong>DOS \u00d3RGANOS DA ASOCIACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 12. Organizaci\u00f3n da asociaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Os \u00f3rganos de goberno e representaci\u00f3n da asociaci\u00f3n son a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, que adoptar\u00e1n os seus acordos de conformidade co principio maioritario ou de democracia interna.<\/p>\n<p><strong>Artigo 13. Asemblea Xeral<\/strong><\/p>\n<p>A Asemblea Xeral \u00e9 o \u00f3rgano supremo de goberno da asociaci\u00f3n e est\u00e1 integrada por todas as persoas asociadas.<\/p>\n<p><strong>Artigo 14. Reuni\u00f3ns: clases e convocatoria<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>As reuni\u00f3ns da Asemblea Xeral poden ser ordinarias ou extraordinarias. A reuni\u00f3n ordinaria celebrarase como m\u00ednimo unha vez o ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio econ\u00f3mico. As reuni\u00f3ns extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou cando o soliciten por escrito o 10% das persoas asociadas.<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>As convocatorias realizaranse por escrito sinalando o lugar, d\u00eda e hora da reuni\u00f3n, as\u00ed como a orde do d\u00eda. Entre a publicaci\u00f3n ou notificaci\u00f3n da convocatoria e a data da celebraci\u00f3n da asemblea en primeira convocatoria debe mediar como m\u00ednimo un prazo de quince d\u00edas naturais.<\/li>\n<li>A documentaci\u00f3n e informaci\u00f3n sobre as materias inclu\u00eddas na orde do d\u00eda, estar\u00e1 a disposici\u00f3n das persoas asociadas na secretar\u00eda da asociaci\u00f3n, cunha antelaci\u00f3n m\u00ednima de quince d\u00edas naturais \u00e1 celebraci\u00f3n da Asemblea.<\/li>\n<\/ol>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Artigo 15. Constituci\u00f3n e qu\u00f3rum de convocatoria<\/strong><\/p>\n<p>As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedar\u00e1n validamente constitu\u00eddas sempre que concorran un terzo das persoas asociadas presentes ou representadas, na primeira convocatoria ou, transcorrida media hora, en segunda convocatoria, con calquera n\u00famero de asistentes con dereito a voto. En todo caso, ter\u00e1n que estar presentes as persoas que ostentan a presidencia e a secretar\u00eda ou persoas que as substit\u00faan.<\/p>\n<p><strong>Artigo 16. Facultades da Asemblea Xeral ordinaria<\/strong><\/p>\n<p>Ser\u00e1n competencias da Asemblea Xeral ordinaria:<\/p>\n<ol>\n<li>Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.<\/li>\n<li>Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio, e o plan de actividades.<\/li>\n<li>Examinar e aprobar as cotas das persoas asociadas, a proposta da Xunta Directiva.<\/li>\n<li>Elixir e cesar as persoas integrantes da Xunta Directiva.<\/li>\n<li>Aprobar a incorporaci\u00f3n ou separaci\u00f3n a unha federaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Solicitar a declaraci\u00f3n de utilidade p\u00fablica da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Aprobar o regulamento de r\u00e9xime interno da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 17. Facultades da Asemblea Xeral extraordinaria<\/strong><\/p>\n<p>Ser\u00e1n competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:<\/p>\n<ol>\n<li>Modificar os estatutos da asociaci\u00f3n, inclu\u00eddo o cambio de domicilio.<\/li>\n<li>Acordar a transformaci\u00f3n da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Acordar a fusi\u00f3n da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Acordar a disoluci\u00f3n da asociaci\u00f3n e designar as persoas liquidadoras.<\/li>\n<li>As que sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por raz\u00f3ns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a s\u00faa convocatoria.<\/li>\n<li>T\u00f3dalas non conferidas expresamente \u00e1 Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.<strong>\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 18. Adopci\u00f3n de acordos<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maior\u00eda simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos nulos, en branco nin as abstenci\u00f3ns.<\/li>\n<li>Ser\u00e1 necesaria a maior\u00eda absoluta dos votos emitidos, que resultar\u00e1 cando os votos afirmativos superen a metade das persoas presentes ou representadas, para adoptar os seguintes acordos:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Designaci\u00f3n de membros da Xunta Directiva.<\/li>\n<li>Acordo para constitu\u00edr federaci\u00f3ns e para integrarse ou separarse delas.<\/li>\n<li>Disoluci\u00f3n da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Modificaci\u00f3n dos estatutos, inclu\u00eddo o cambio de domicilio social.<\/li>\n<li>Disposici\u00f3n ou alleamento de bens.<\/li>\n<li>Remuneraci\u00f3n das persoas que integran os \u00f3rganos de goberno e representaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"3\">\n<li>Os acordos adoptados conforme \u00f3s preceptos anteriores obrigar\u00e1n a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 19. A Xunta Directiva: Composici\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li>A Xunta Directiva \u00e9 o \u00f3rgano de representaci\u00f3n que xestiona e representa os intereses da Asociaci\u00f3n de acordo coas disposici\u00f3ns e directivas da Asemblea Xeral. Estar\u00e1 formada por: Presidente\/-a, Vicepresidente\/-a, Secretario\/-a, Tesoureiro\/-a e Vogais, designados pola Asemblea Xeral entre as persoas asociadas maiores de idade, en pleno uso dos seus dereitos civ\u00eds que non estean incursas en motivos de incompatibilidade legalmente establecidos.<\/li>\n<li>A duraci\u00f3n do seu mandato ser\u00e1 de catro anos, podendo ser obxecto de sucesivas reelecci\u00f3ns.<\/li>\n<li>Os cargos que compo\u00f1en a Xunta Directiva ser\u00e1n desempe\u00f1ados de forma gratu\u00edta, sen prexu\u00edzo do dereito ao reembolso dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuaci\u00f3ns relacionadas coa asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Os cargos da Xunta Directiva cesar\u00e1n na s\u00faa funci\u00f3n por:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Morte ou declaraci\u00f3n de falecemento da persoa f\u00edsica ou extinci\u00f3n da persoa xur\u00eddica<\/li>\n<li>Incapacidade, inhabilitaci\u00f3n ou incompatibilidade, de acordo co establecido no ordenamento xur\u00eddico<\/li>\n<li>Resoluci\u00f3n xudicial.<\/li>\n<li>Renuncia voluntaria.<\/li>\n<li>Perda da condici\u00f3n de persoa asociada.<\/li>\n<li>Incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas.<\/li>\n<li>Transcurso do per\u00edodo do seu mandato. Neste caso e en tanto non se proceda \u00e1 elecci\u00f3n da nova Xunta Directiva, aquela continuar\u00e1 en funci\u00f3ns ata a designaci\u00f3n dos novos membros<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"5\">\n<li>Os cargos vacantes que se puideran producir durante o mandato da Xunta Directiva, que non supo\u00f1an mais da metade dos seus membros, ser\u00e1n desempe\u00f1ados provisoriamente polos os restantes membros, ata a elecci\u00f3n definitiva pola Asemblea Xeral. Noutro caso deber\u00e1 procederse pola Asemblea xeral a realizar elecci\u00f3ns parciais, polo tempo que reste para cumprir o mandato.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 20. Reuni\u00f3ns e acordos<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>A Xunta Directiva ser\u00e1 convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petici\u00f3n de calquera dos seus compo\u00f1entes.<\/li>\n<li>Para estar validamente constitu\u00edda deber\u00e1n estar presentes, a metade m\u00e1is un dos seus membros e, en todo caso, o presidente e o secretario ou as persoas que os substit\u00faan.<\/li>\n<li>Para que os acordos da Xunta Directiva sexan v\u00e1lidos, deber\u00e1n ser adoptados pola maior\u00eda de votos dos asistentes. Os empates ser\u00e1n dirimidos mediante voto de calidade do Presidente.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 21. Facultades da Xunta Directiva<\/strong><\/p>\n<p>A Xunta Directiva ter\u00e1 as seguintes atribuci\u00f3ns:<\/p>\n<ol>\n<li>Programar e dirixir as actividades asociativas<\/li>\n<li>Levar a xesti\u00f3n administrativa e econ\u00f3mica da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Executar os acordos da Asemblea.<\/li>\n<li>Someter \u00e1 aprobaci\u00f3n da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, as\u00ed como o estado de contas do ano anterior.<\/li>\n<li>Convocar e fixar as datas das Asembleas.<\/li>\n<li>Propo\u00f1erlle \u00e1 Asemblea Xeral a fixaci\u00f3n de cotas ordinarias e extraordinarias para as persoas asociadas.<\/li>\n<li>Designar as comisi\u00f3ns de traballo ou secci\u00f3ns que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Ditar normas interiores de organizaci\u00f3n e exercer cantas funci\u00f3ns non estean expresamente asignadas \u00e1 Asemblea Xeral.<\/li>\n<li>Resolver as solicitudes de ingreso de asociados\/as.<\/li>\n<li>Propo\u00f1er o plan de actividades da asociaci\u00f3n \u00e1 Asemblea Xeral para a s\u00faa aprobaci\u00f3n, impulsando e dirixindo as s\u00faas tarefas.<\/li>\n<li>Resolver os procedementos disciplinarios que se instr\u00faan.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 22. Obrigas documentais<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n dispor\u00e1 dos seguintes documentos, que estar\u00e1n a disposici\u00f3n de todas as persoas asociadas:<\/p>\n<ol>\n<li>Unha relaci\u00f3n actualizada de asociados e asociadas.<\/li>\n<li>Documentaci\u00f3n contable que permitan obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situaci\u00f3n financeira da entidade, as\u00ed como das actividades realizadas. Tal contabilidade levarase de conformidade coa normativa espec\u00edfica que resulte de aplicaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Inventario dos seus bens.<\/li>\n<li>Libro de actas das reuni\u00f3ns dos seus \u00f3rganos de goberno e representaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 23. Presidente\/a<\/strong><\/p>\n<p>A persoa que ostenta a presidencia ter\u00e1 as seguintes atribuci\u00f3ns:<\/p>\n<ol>\n<li>Representar legalmente \u00e1 asociaci\u00f3n perante calquera organismo p\u00fablico ou privado.<\/li>\n<li>Convocar e presidir as sesi\u00f3ns que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberaci\u00f3ns dunha e outra, e decidir con voto de calidade os casos de empate de votos.<\/li>\n<li>Ordenar a execuci\u00f3n dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.<\/li>\n<li>Ordenar os pagamentos acordados validamente.<\/li>\n<li>Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociaci\u00f3n xunto coa persoa que ostenta a secretar\u00eda ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboraci\u00f3n do documento de que se trate.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 24. Vicepresidente\/a<\/strong><\/p>\n<p>A persoa que ostente a vicepresidencia realizar\u00e1 as funci\u00f3ns da presidencia nos casos de ausencia ou enfermidade, podendo tam\u00e9n actuar en representaci\u00f3n da asociaci\u00f3n nos supostos en que as\u00ed se acorde pola Xunta Directiva ou pola Asemblea Xeral.<\/p>\n<p><strong>Artigo 25. Secretario\/a<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>A persoa que ostenta a secretar\u00eda ter\u00e1 as seguintes atribuci\u00f3ns:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Tramitar as solicitudes de ingreso na asociaci\u00f3n e formalizar as inscrici\u00f3ns de altas e baixas das persoas asociadas.<\/li>\n<li>Dirixir as actividades sociais e a administraci\u00f3n da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Formalizar as convocatorias de reuni\u00f3n por orde da presidencia e redactar as actas correspondentes<\/li>\n<li>Expedir certificaci\u00f3ns dos acordos co visto e prace do presidente\/a, as\u00ed como emitir informes.<\/li>\n<li>Redactar o inventario de bens da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Custodia do arquivo de libros e documentos da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Cumprir coas demais obrigas documentais nos termos que legalmente corresponda.<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"2\">\n<li>A persoa que ostenta a secretar\u00eda, nos casos de ausencia ou enfermidade, ser\u00e1 substitu\u00edda por outro membro da Xunta Directiva designado pola persoa que ostenta a Presidencia.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 26. Tesoureiro\/a<\/strong><\/p>\n<p>A persoa que ostenta a tesourer\u00eda ter\u00e1 as seguintes atribuci\u00f3ns:<\/p>\n<ol>\n<li>Recadar e custodiar os fondos pertencentes \u00e1 asociaci\u00f3n, custodialos e invertilos na forma acordada pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.<\/li>\n<li>Intervir coa s\u00faa sinatura todos os documentos de cobros e pagos co visto e conforme da presidencia<\/li>\n<li>Dar cumprimento \u00e1s ordes de pagamento que expida a persoa que ostenta a presidencia.<\/li>\n<li>Elaboraci\u00f3n do anteproxecto de orzamentos para a s\u00faa aprobaci\u00f3n<\/li>\n<li>Levar os libros de contabilidade da asociaci\u00f3n e elaborar as contas anuais para a s\u00faa aprobaci\u00f3n pola Asemblea<\/li>\n<li>Calquera outras funci\u00f3ns propias de tesourer\u00eda como a responsabilidade da xesti\u00f3n econ\u00f3mico financeira da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 27 Vogais<\/strong><\/p>\n<p>Os demais membros da Xunta Directiva, ter\u00e1n as obrigas propias do seu cargo, e aqueloutras que lles sexan encomendadas, tales como realizar programas e estudos con car\u00e1cter xeral ou en \u00e1reas de actuaci\u00f3n determinadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO IV\u00a0<\/strong><strong>R\u00c9XIME ECON\u00d3MICO<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 28. Patrimonio inicial<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n no momento de iniciar as s\u00faas actividades carece de patrimonio. O peche do exercicio econ\u00f3mico coincidir\u00e1 co ano natural, e ter\u00e1 lugar o d\u00eda 31 de decembro de cada ano.<\/p>\n<p><strong>Artigo 29. Recursos econ\u00f3micos<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n manterase dos seguintes recursos:<\/p>\n<ol>\n<li>As cotas peri\u00f3dicas das persoas asociadas.<\/li>\n<li>As cotas extraordinarias que propo\u00f1a a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.<\/li>\n<li>As doaz\u00f3ns ou subvenci\u00f3ns que poidan conceder \u00f3rganos p\u00fablicos, entidades privadas ou particulares.<\/li>\n<li>Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 30. Contas anuais<\/strong><\/p>\n<p>Anualmente, con referencia ao ultimo d\u00eda do exercicio econ\u00f3mico, elaboraranse as contas anuais, expresivas da situaci\u00f3n patrimonial e contable da asociaci\u00f3n, as\u00ed como unha memoria das actividades realizadas. Esta documentaci\u00f3n estar\u00e1 a disposici\u00f3n das persoas asociadas, durante un prazo non inferior a 15 d\u00edas ao sinalado para a s\u00faa aprobaci\u00f3n en Asemblea.<\/p>\n<p>A Xunta directiva levar\u00e1 os correspondentes libros de contabilidade, que permitan obter unha imaxe fiel do patrimonio, o resultado e a situaci\u00f3n financeira da asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Artigo 31. Destino de ingresos a fins da asociaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Como entidade sen \u00e1nimo de lucro, os beneficios obtidos derivados do exercicio de actividades econ\u00f3micas, inclu\u00eddas as prestaci\u00f3ns de servizos, destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociaci\u00f3n. En ning\u00fan caso, estes beneficios poder\u00e1n ser repartidos entre as persoas asociadas ou calquera outra persoa f\u00edsica ou xur\u00eddica con interese lucrativo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO V\u00a0<\/strong><strong>DO REGULAMENTO DE R\u00c9XIME INTERNO<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 32. Regulamento de r\u00e9xime interno<\/strong><\/p>\n<p>Por acordo da Asemblea Xeral pode aprobarse un regulamento de r\u00e9xime interno, que desenvolver\u00e1 aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos.<\/p>\n<p>O funcionamento interno da asociaci\u00f3n estar\u00e1 sometido ao ordenamento xurisdicional civil.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>CAP\u00cdTULO VI\u00a0<\/strong><strong>DISOLUCI\u00d3N E LIQUIDACI\u00d3N DA ASOCIACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p><strong>Artigo 32. Disoluci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n disolverase polas seguintes causas:<\/p>\n<ol>\n<li>Por acordo adoptado por maior\u00eda cualificada en asemblea xeral extraordinaria.<\/li>\n<li>Polas causas que se determinan no art. 39 do C\u00f3digo Civil.<\/li>\n<li>Por sentenza xudicial firme.<\/li>\n<li>Polas causas que se determinen nos presentes estatutos.<\/li>\n<\/ol>\n<p><strong>Artigo 33. Liquidaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li>Acordada a disoluci\u00f3n da asociaci\u00f3n, \u00e1brese o per\u00edodo de liquidaci\u00f3n, ata o fin do cal a entidade conservar\u00e1 a s\u00faa personalidade xur\u00eddica.<\/li>\n<li>Os membros da xunta directiva no momento da disoluci\u00f3n conv\u00e9rtense en liquidadores, salvo designaci\u00f3n expresa de liquidadores pola asemblea xeral ou por autoridade competente.<\/li>\n<li>Corresponde aos liquidadores:<\/li>\n<\/ol>\n<ul>\n<li>Velar pola integridade do patrimonio da asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Conclu\u00edr as operaci\u00f3ns pendentes e efectuar as novas que sexan precisas para a liquidaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Cobrar os cr\u00e9ditos da Asociaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Liquidar o patrimonio e pagar os acredores.<\/li>\n<li>Destinar o haber resultante da liquidaci\u00f3n aos fins previstos no acordo de disoluci\u00f3n ou nos estatutos, que non desvirt\u00faen a s\u00faa natureza non lucrativa.<\/li>\n<li>Solicitar a baixa da asociaci\u00f3n e cancelaci\u00f3n de asentos rexistrais.<\/li>\n<\/ul>\n<ol start=\"4\">\n<li>A solicitude de inscrici\u00f3n da disoluci\u00f3n da asociaci\u00f3n no rexistro acompa\u00f1arase do xustificante acreditativo do destino dos bens resultantes da liquidaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>DISPOSICI\u00d3N ADICIONAL<\/strong><\/p>\n<p>En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos se aplicar\u00e1 a Lei Org\u00e1nica 1\/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociaci\u00f3n e demais disposici\u00f3ns complementarias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CAP\u00cdTULO I\u00a0DA ASOCIACI\u00d3N EN XERAL Artigo 1. Denominaci\u00f3n e natureza Coa denominaci\u00f3n de \u201cASOCIACI\u00d3N CULTURAL DE ESTUDIOS HIST\u00d3RICOS DE GALICIA\u201d, constit\u00faese unha organizaci\u00f3n de natureza asociativa e sen \u00e1nimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola, na Lei org\u00e1nica 1\/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociaci\u00f3n e &hellip; <a href=\"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/?page_id=6\">Continue reading <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-6","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/6","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/6\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1327,"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/6\/revisions\/1327"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.estudioshistoricos.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}