Alfredo Erias Martínez
Alfredo Erias Martínez (
http://www.alfredoerias.com
) naceu en Presedo, Abegondo, A Coruña, o 29 de maio de 1954 e reside
actualmente en Betanzos (15300), A Coruña. É Licenciado en Xeografía
e Historia pola Universidade de Santiago.
Desde o 30 de abril de 1983 ocupa en propiedade a praza de ARQUIVEIRO - BIBLIOTECARIO
do Excmo. Concello de Betanzos e desde o 13 de xaneiro de 1984 é tamén
DIRECTOR DO MUSEO DAS MARIÑAS e do ANUARIO BRIGANTINO.
-Desde 1989 a 1992 foi COORDENADOR da XUNTA DE GALICIA para a ORGANIZACIÓN
DE ARQUIVOS MUNICIPAIS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA, LUGO E OURENSE, organizándose
mediante bolseiros 52 arquivos doutros tantos concellos
De carácter polifacético, é autor de diversos libros e
numerosos traballos de investigación, pero tamén é pintor,
debuxante e gravador, ademais de editor, posto que fundou con Mª Teresa
Garea no 1997 Briga Edicións.