XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA

 

REUNIÓN DO 26 DE XULLO DE 2006

 

 

 

Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locáis, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luis López Sangil e a asistencia dos vocáis Demetrio Díaz Sánchez, Juan Antonio Granados Loureda, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.

 

Sendo as vinte horas carenta minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.

 

1.- Informe do presidente.

 

Deu conta o presidente dos puntos que se tratarán na orde do día con maior detalle a fin de aclarar aos vocáis calquera extremo.

 

2.- Estado de Contas. Pago de cuotas. Altas e baixas.

 

O tesoureiro informou do gasto feito en 24 de xullo pasado, que ascende a 110 € e corresponde ao pago feito por mantemento da nosa páxina web perante o segundo trimestre do ano.

 

En canto ás altas, vistas as solicitudes formuladas, acordouse admitir como novos socios a María Josefa Sanz Fuentes e Miguel Calleja Puerta.

 

3.- Programación de próximas excursións. Viaxe a Porto.

 

En atención ás datas nas que estamos, acordouse pospor o debate destos puntos para a próxima reunión. Nembargantes, pénsase en organizar no mes de setembro unha excursión polos antigos mosteiros de Cambre, Bergondo e Cines, cunha comida que dará ocasión de analizar na sobremesa as posibéis excursión para o mes de outubro.

 

4.- Programación de conferencias.

 

Polos mesmos motivos, acordouse pospor o debate para a próxima reunión.

 

5 e 6.- Edición da revista Nalgures. Petición de subvencións.

 

Con respecto á edición dun novo número da nosa revista, acordouse abrir o prazo de recepción de artigos para a mesma.

 

Informou o presidente que a Excma. Deputación Provincia da Coruña aínda non ingresou a subvención anterior, se ben todo apunta a que o fará nos próximos días.

 

Tamén deu conta a Presidencia de haberse recibido unha carta de Celestino Poza, presidente da Comisión de Cultura da mesma Deputación, comunicándonos que en vista da solicitude que formulamos a principios do ano 2006, a Asociación está proposta no organismo provincial para o outorgamento dunha nova subvención que ascendería a 6.497,8 € destinados á edición de dúas revistas.

 

7.- Celebración de Xornadas Históricas.

 

Debatiuse a posiblidade de celebrar unhas xornadas de temática histórica, analizando os posibéis temas a tocar e as subvencións precisas para levalas adiante. Todos os membros da Xunta Directiva mostráronse conformes coa idea solicitando colabouración dos demáis amigos da Asociación para que aporten ideas que enriquezan a iniciativa. En vista do cal, acordouse proseguir coa discusión en próximas reunións.

 

8.- Outras posibles actividades: tertulias.

 

Tras un pormenorizado debate, acordouse retomar as tertulias a partires do próximo mes de setembro todos os primeiros e terceiros venres de cada mes, ás 19.30 horas na cafetería Giardino, sita na praza do Libro desta cidade.

 

9.- Nova dirección postal. Apartado de Correos.

 

Deu conta este secretario das xestións que practicou para acadar un apartado postal, que foi concedido con número 840. Asemade, indicou que o gasto realizado con este fin ascendeu a 55,08 €, entregando a factura ao tesoureiro.

 

10.- Rogos e preguntas.

 

O vocal Juan Antonio Granados Loureda interesouse polo desenvolvemento das conferencias, o que propiciou un debate sobre as mesmas e o mellor modo de anunciar a súa celebración.

 

E sendo as 22 horas, 10 minutos, non habendo mais asuntos de que tratar, o presidente levantou a sesión, de todo o cal eu, o infrascrito secretario, certifico.

 

 

 

 

 

 

 

 

Javier López Vallo, secretario.                             José Luis López Sangil, presidente.