XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA
REUNIÓN DO 19 DE DECEMBRO DE 2006
Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locais, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luís López Sangil e a asistencia dos vocais José Enrique Benlloch del Río, Demetrio Díaz Sánchez, Amparo Hernández Segura, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.
Sendo as vinte horas corenta minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.
1.- Informe do presidente.
Indicou que as actividades da Asociación diminuíron este ano con respecto ao 2005, se ben, desenvolvéronse cinco excursións culturais e celebráronse tamén cinco xuntas.
Non se tivo noticia da solicitude que fixéramos para a reparación das pinturas murais da igrexa de Santa María de Cuíña, aínda que as de prensa anuncian a súa próxima reparación, que era o que en verdade interesaba.
2.- Estado de contas. Pago de cotas. Domiciliación de recibos. Nova conta.
Fixo uso da palabra o tesoureiro, Benito Figueroa Aldariz, indicando con pormenor o estado de contas. Así mesmo, para facilitar o pago, decidiuse incrementar nun euro a cota anual, que pasa a vinteún euros, co fin de facer fronte ao cargo por domiciliación de recibo.
Do mesmo xeito, a Xunta Directiva acordou autorizar ao tesoureiro para que abra unha nova conta en Caixa Galicia, na oficina que el mesmo elixa, co fin de atender nela á domiciliación das cotas mencionadas. Noméanse autorizados nesta conta ao presidente, José Luis López Sangil; tesoureiro, Benito Figueroa Aldariz; e secretario, Javier López Vallo.
3.- Programación de próximas excursións.
Decidiuse programar a próxima excursión á cidade de Tui o vindeiro 3 de febreiro de 2007.
4.- Programación de conferencias.
Ningún socio ofreceuse polo de agora para impartir unha nova conferencia, se ben anuncióu o presidente que presentará o número dous de Nalgures cunha conferencia relacionada co artígo que publica na revista.
5.- Edición do número dous da revista Nalgures e petición de artigos para o número tres. Contratación da edición e impresión.
Examináronse os artigos enviados para o número dous e decidiuse incluír todos os remitidos polos socios. Do mesmo xeito, acordouse pedir novos artigos para o número tres da revista, que debe saír do prelo no primeiro trimestre do ano.
O vocal José Enrique Benlloch del Río xunto con este secretario, encargaranse das xestións relacionadas con petición de presupostos ás distintas empresas e os presentarán na vindeira reunión.
6.- Petición de subvencións.
Acordouse que o presidente inicie as xestións para solicitar novas subvencións a Caixa Galicia e á Excma. Deputación Provincial da Coruña, nesta última a correspondente a Nalgures para o ano 2007 dentro da “Convocatoria de programas de apoio á cultura e ó asociacionismo veciñal, dirixidas a entidades para actividades e investimentos no ano 2007”. A tal fin, a Xunta Directiva nomeou ao noso presidente, representante da Asociación ante a Excma. Deputación Provincial da Coruña.
7.- Celebración de Xornadas Históricas.
Proseguiu o debate encol deste punto, sen chegar a resultados definitivos. En calqueira caso, barállanse a posibilidade de celebralas en Betanzos, Carballo ou Sada.
8.- Rogos e preguntas.
Ninguén fixo uso desta quenda.
Así pois, sendo as vinte dúas horas e quince minutos, o presidente deu por levantada a sesión, de todo o cal eu, o infraescrito secretario, certifico.
José Luis López Sángil, presidente Javier López Vallo, secretario