Acta nº 41


XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA


REUNIÓN DO 16 DE XANEIRO DE 2009



Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locais, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luís López Sangil e a asistencia dos vocais e socios: Amparo Hernández Segura, José Luis Pardo Caeiro, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.


Non asistiron o vicesecretario e vocal de subvencións, Jesús Ángel Sánchez García, vocal de conferencias José Alfeirán Rodríguez, vocal de excursión Ana Fernández Matarán xunto cos vocais sen asignación de funcións Rafael Tobío Cendón, Alfredo Erias Martínez, e Carlos de Castro Álvarez. Excusaron a súa asistencia José Enrique Benlloch del Río, Demetrio Díaz Sánchez e Consuelo Mariño Bobillo.


Sendo as vinte horas trinta minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.


1.- Informe do presidente.


Lembrou que, en vista das peticións feitas, calquera socio pode solicitar un ou dous exemplares de Nalgures a maiores do que recibe cada socio, enviándose neste caso a portes debidos.


Fíxose eco do pesar da Xunta Directiva pola baixa que por motivos persoais solicitou o noso socio Fernando Cabanas López.


Resumiu as xestións feitas na Deputación Provincial da Coruña con motivo da inspección que fixeron á nosa Asociación, sendo para todos unha satisfacción que tivera o resultado mais favorable.


Indicou tamén que se dirixiu o pasado 13 de novembro á mesma Deputación Provincial da Coruña solicitando un incremento da subvención que nos concederan debido á imposibilidade de atender á impresión da nosa revista coa cantidade concedida. Como quer que na resposta o organismo provincial sinala que non é posible tal incremento, vémonos obrigados a buscar outras canles coas que levar adiante os nosos proxectos.


2.- Estado de contas.


Informou o tesoureiro, Benito Figueroa, que nas dúas contas o saldo é favorable. Ascende en total a 3.748,07 €.


Con tal motivo, aproveitouse para lembrar que debemos facer xestións con Caixa Galicia a fin de obter unha nova subvención para as actividades da nosa Asociación.


3.- Cobro de cotas pendentes. Cotas do ano 2009.


A Xunta Directiva acordou delegar en José Luis Pardo Caeiro as xestións precisas para decidir a baixa daqueles socios que non aboasen as cotas de mais de dous anos, dando conta de todo a esta Xunta Directiva para a súa aprobación.


4.- Subvención da Deputación da Coruña para 2009. Nomeamento de representante.


A mesma Xunta Directiva acordou nomear representante para este fin a José Luis Pardo Caeiro, facultándoo para que como tal poida practicar todas as xestións e trámites precisos.


5.- Solicitude de subvención a Caixanova para Nalgures nº 5.


Segundo informa o presidente, Consuelo Mariño fixo xestións ante Caixanova que lamentablemente deron resultado negativo.


Con tal motivo, José Luis Pardo Caeiro lembrou que está a facer xestións coa mesma entidade para obter unha subvención que cubra total ou parcialmente os gastos de impresión e distribución da nosa revista Nalgures Nº 5.


6.- Artigos para Nalgures nº 5.


Informa o presidente que se recibiron diversos artigos, dabondo para publicar este novo número. Avisou que algún pode saír en dous números debido á súa extensión e que a orde de publicación dentro de cada revista non depende da data en que se reciben os artigos, senón que é función da orde alfabética de apelidos e nome do autor ou autores.


7.- Programación de próximas excursións.


Este secretario propuxo facer unha excursión por terras de Bergantiños que podería comprender o Dolmen de Dombate, as Torres do Allo, a Pedra Moura de Aldemunde, a Férveda de Entrecruces que ademais de aportar a súa incuestionable beleza paisaxística, pouco coñecida, permite apreciar os restos da primeira central que abasteceu de corrente eléctrica a Carballo.


8.- Programación de próximas conferencias.


Despois do correspondente debate, e debido ás dúbidas xurdidas, quedou pendente de confirmación que algún socio imparta unha conferencia.


9.- Novos socios.


Deuse a benvida a José Martínez Crespo ao que se deu o número 81, que veu acompañada ademais de coa ficha de inscrición e domiciliación, cun artigo para a nosa revista que se repartiu para a súa lectura.



10.- Rogos e preguntas.


Benito Figueroa fixo o acordo de que temos unha visita pendente a Ourense, que segundo se comentara incluiría o Museo Arqueolóxico, Catedral, e se fose posible, o Arquivo Histórico Provincial.


Por último, deuse lectura a esta acta que foi aprobada por unanimidade. 



E sendo as vintedúas horas e dez minutos, o presidente levantou a sesión de todo o cal eu, secretario, certifico.








José Luis López Sangil, presidente Javier López Vallo, secretario