Acta nº 44


XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS 

HISTÓRICOS DE GALICIA


REUNIÓN DO 10 SEPTIEMBRE DE 2009



Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locais, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luís López Sangil e a asistencia dos vocais e socios: José Enrique Benlloch del Río, Demetrio Díaz Sánchez, Ana Fernández Matarán, Amparo Hernández Segura,  José Luis Pardo Caeiro, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.


Non asistiron o vicesecretario e vocal de subvencións, Jesús Ángel Sánchez García, vocal de conferencias José Alfeirán Rodríguez, xunto cos vocais sen asignación de funcións Rafael Tobío Cendón, Alfredo Erias Martínez, Luis Gorrochategui Santos e Carlos de Castro Álvarez. Escusaron a súa asistencia Manuel María de Artaza Montero e José Luis Gorrochategui Santos.


Sendo as vinte horas trinta e cinco minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.


1.- Informe do presidente.


Comezou dando cifras sobre o tráfico de visitas que soporta a nosa web, mais de dez mil visitas nos últimos oito meses, chamando a atención que se visite mais os luns martes e mércores que o resto dos días. A maior parte dos visitantes proceden de España, en segundo lugar sitúanse os de USA e en terceiro os de China, todo o cal se confirma coas respostas que proporciona o presidente a consultas de todo tipo. Os documentos mais visitados son a nosa revista Nalgures, atopándose en segundo lugar artigos e documentos.


Deu conta tamén da correspondencia recibida que foi comentada e respondida.


2.- Estado de contas. Cotas pendentes.


Informan Benito Figueroa e José Luis Pardo que temos uns trece morosos e se acorda que na vindeira reunión darase conta das accións a tomar.


O saldo nas dúas contas é favorable. E en vista de que na conta na que o saldo é inferior cargáronnos 15 € por comisión de mantemento, acórdase anulala e transferir o seu saldo á conta principal.


3.- Impresión de Nalgures nº 5. Editorial


De novo tomou a palabra o presidente para sinalar que a imprenta LUGAMI de Betanzos deu varios presupostos, que son función do número de páxinas, e a Xunta Directiva acordou decantarse por unha revista de 300 páxinas ás que podemos facer fronte cos nosos propios fondos e mais a subvención aminorada da Deputación da Coruña. Tamén relacionou e comentou os artigos que se incluirán, que foron aprobados, acordándose o seu envío para maquetación e impresión na devandita imprenta LUGAMI. 


A Xunta Directiva acordou tamén manifestar o seu pesar pola redución no volume de páxinas da revista pero as dificultades financeiras, que non a falta de traballos, impídennos engadir outros traballos.


O mesmo presidente leu o editorial que encabezará a publicación, sendo aprobado polos demais integrantes da Xunta Directiva.


4.- Situación das subvencións solicitadas.


José Luis Pardo informou que fixo xestións coa Xunta de Galicia, que o chamaron solicitando unha serie de datos o cal supón unha esperanza para obter unha subvención coa que facer fronte á edición do número 6 de Nalgures. Polo que atinxe ás xestións feitas con entidades privadas, lamentablemente, non deron resultado positivo.


5.- Programación de vindeiras excursións.


O presidente indicou que as cifras de excursionistas descenderon, seguramente por tratarse de datas nas que os socios atópanse de vacacións, e considerou varias alternativas para as vindeiras excursións: Ourense, Lourenzá e San Martiño Pinario. A Xunta Directiva acorda facer unha excursión a Lourenzá e San Martiño de Mondoñedo o sábado 26 de setembro.


Para o mes de outubro, prográmase outra excursión ao Museo, Arquivo e Catedral de Ourense, aproveitando que a apertura da nova autopista permite chegar desde A Coruña en hora e media.


6.- Programación de conferencias e outros actos. Conferencias previstas no Circo de Artesáns.


Varios socios como Juan José Burgoa, Consuelo Mariño, Amparo Hernández, Alfonso García, o presidente e este secretario, pronunciarán conferencias na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña, o popular Circo.


O presidente invitou aos concorrentes a participar na VII Xornada Cultural que organizan os Amigos del Monasterio de Monfero nas propias instalacións do mosteiro o sábado día 12 ás 18 horas, na que ten un papel destacado no que á organización atinxe Ana Fernández Matarán, e na que intervirá o noso presidente cunha conferencia na que fará unha visita virtual ás instalacións do mosteiro, que actualmente atópase en obras.


7.- Rogos e preguntas.

Manuel Maria de Artaza solicita que se difunda o curso que dirixe na UIMP, na súa de sé de Pontevedra sobre a Guerra da Independencia entre os días 21 e 23 de setembro, indicando que a Fundación Juana de Vega creou 23 bolsas. Acordouse difundir tan interesante evento na nosa páxina web.


Amparo Hernández traslada a solicitude de socio que formula Javier Padín Martínez, que se acepta con moito gusto condicionando como sempre a súa admisión ao envío da solicitude escrita e abono da cota.


E non tendo mais asuntos que abordar, deuse lectura a esta acta que foi aprobada por unanimidade. Sendo as vinte dúas hora e vinte minutos, o presidente levantou a sesión, de todo o cal eu, secretario, certifico.








José Luis López Sangil, presidente                      Javier López Vallo, secretario