XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA

 

REUNIÓN DO 7 DE SETEMBRO DE 2006

 

 

 

Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locáis, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luis López Sangil e a asistencia de Demetrio Díaz Sánchez, Ana Fernández Matarán, Amparo Hernández Segura, Jesús Ángel Sánchez García, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.

 

Sendo as vinte horas cuarenta e cinco minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os pontos da orde do día.

 

1.- Informe do presidente.

 

Como ponto destacado da orde do día, indicou o presidente que a Deputación Provincial da Coruña, ingresounos a subvención que tiñamos pendente para a edición do número un da nosa revista Nalgures.

 

Tamén lembrou e os presentes acordaron que este secretario escriba unha circular aos socios a fin de que vaian enviando artigos para o próximo número da revista.

 

2.- Estado de contas. Pagos de cuotas. Domiciliación de recibos.

 

O tesoureiro, Benito Figueroa Aldariz, indicou que a única novidade ocorrida deuse con mencionado ingreso que fixo a Deputación, sen que se produciran outros movementos.

 

En canto á domiciliación de recibos, o mesmo tesoureiro adiantou que fará xestións en Caixa Galicia a fin de que para o próximo ano poidan os socios domiciliar os seus recibos, enviándoselles o impreso correspondente a fin de que aqueles que gusten, poidan empregar esta forma de pago.

 

3.- Programación de próximas excursións: proximidades (Cambre, Bergondo, Cines), Oporto, San Martiño de Mondoñedo, Tui.

 

Acordouse fixar para o vindeiro día 23 do corrente mes a excursión aos antigos mosteiros de Santa María de Cambre, San Salvador de Bergondo e San Nicolás de Cines, hoxe parroquias que conservan edificios de relevante interese. O almorzó está previsto que sexa na vella casa reitoral de Cines, hoxe tamén transformada en casa de turismo rural, da que Jesús Ángel Sánchez García gabou as súas bondades. Na sobremesa desta comida decidiráse si a excursión larga faise a Oporto, San Martiño de Mondoñedo ou Tui.

 

4.- Programación de conferencias.

 

Non hai previstas conferencias para este mes.

 

Aurea Rey Majado, na súa calidade de presidenta da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, ofreceu os salóns da devandita sociedade na rúa San Andrés desta cidade da Coruña para a celebración das conferencias que quixeran dictar os compoñentes da Asociación. A Xunta Directiva acordou testemuñar as súas máis expresivas gracias por esta mostra de apoio á nosa entidade.

 

5.- Estado de subvencións da Deputación Provincial da Coruña.

 

Como anunciara o presidente no seu informe a Deputación ingresou na nosa conta a subvención coa que se editou o primeiro número da nosa revista Nalgures. O presidente informou asemade que continúa sen novidade a tramitación do expediente no que estamos propostos na mesma entidade provincial para unha nova axuda coa que editar o seguinte número de Nalgures.

 

6.- Petición de subvencións.

 

Acordouse solicitar unha subvención á Fundación Pedro Barrié de la Maza ‘conde de FENOSA’ para o “Proxecto de transcripción da colección documental do mosteiro de Santa María de Monfero”, que pretenden levar adiante os socios José Luis López Sangil, María Josefa Sanz Fuentes e Miguel Calleja Puerta.

 

No mesmo senso, o vocal de subvencións, Jesús Ángel Sánchez García, iniciará contactos con Caixa Galicia para financiar outros proxectos cos que dinamizar e axudar ao funcionamento da Asociación.

 

7.- Celebración de Xornadas Históricas.

 

Considerouse mais oportuno debater este asunto na próxima excursión aos mosteiros do entorno da Coruña.

 

8.- Tertulias.

 

Non podendo celebrarse a primeira das tertulias neste mes, o próximo día catorce este secretario enviará unha circular por correo electrónico a todos os socios lembrandolles que se celebrarán ao día seguinte na cafetería Giardino sita na rúa Enrique Dequidt Hevia desta cidade, ás vinte horas, e non ás dazanove trinta como se acordara na reunión anterior.

 

8.- Rogos e preguntas.

 

Non houbo ninguén que formulase rogos ou preguntas.

 

E non habendo mais asuntos que debater, sendo as vintedúas horas e dez minutos, o presidente levantou a sesión de todo o cal eu secretario, certifico.

 

 

 

Javier López Vallo, secretario                                       José Luis López Sangil, presidente