Acta nº 42


XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA


REUNIÓN DO 3 ABRIL DE 2009



Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locais, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luís López Sangil e a asistencia dos vocais e socios: Demetrio Díaz Sánchez, Amparo Hernández Segura, José Luis Pardo Caeiro, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.


Non asistiron o vicesecretario e vocal de subvencións, Jesús Ángel Sánchez García, vocal de conferencias José Alfeirán Rodríguez, xunto cos vocais sen asignación de funcións Rafael Tobío Cendón, Alfredo Erias Martínez, e Carlos de Castro Álvarez. Excusaron a súa asistencia a vocal de excursión Ana Fernández Matarán, Luis Gorrochategui Santos e José Enrique Benlloch del Río.


Sendo as vinte horas trinta minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.


1.- Informe do presidente.


Sinalou que os temas principais que abranguen as actividades da Asociación desde a última reunión serán debatidos nos puntos da orde do día desta xuntanza.


Indicou que se recibiu a solicitude de alta correspondente a Ainoa Castro, á que se acorda admitir como asociada e dar a benvida.


2.- Estado de contas. Cotas pendentes.


Informou o tesoureiro, Benito Figueroa, que non houbo modificacións como non sexa o pequeno incremento producido por intereses nas contas. A data de hoxe o saldo nas dúas contas e positivo.


O socio José Luis Pardo Caeiro presentou uns magníficos estados económicos que para información dos socios enviaránselles por correo electrónico. Contén partidas de ingresos e gastos do pasado ano así como previsións para este. O mesmo informou que varios socios teñen cotas pendentes ou os seus pagos presentan desaxustes como o abono que fai algún de 21 € en lugar dos 30 acordados. En vista do anterior, acordouse enviar cartas reclamando as cotas pendentes e dar de baixa no rexistro de socios desta Asociación a quen adebeda os anos 2008 e 2009.


A Xunta Directiva acordou testemuñar a súa gratitude ao socio José Luis Pardo Caeiro pola súa actividade en todo o que atinxe á esta Asociación.


3 e 4.- Estado da xestión de petición de subvencións para Nalgures nº 5. Artigos para este número.


O presidente sinalou a satisfacción que produce comprobar que temos artigos dabondo para publicar o número 5 da nosa revista, habendo tamén para número seguinte.


Para a publicación do número 5, compre pospoñer a publicación dalgún dos artigos e así non superar as 400 páxinas, pois se isto sucedera, os gastos serían aínda maiores.


Despois dun debate moi miúdo, concluíuse que temos verdadeiros problemas para tirar do prelo o número 5 da nosa revista. A minoración da subvención da Deputación a tan so un 20% do custo real obríganos a por en marcha outras estratexias, e das posibilidades baralladas de xeito provisorio, a que maior éxito tivo foi admitir anuncios. Propúxose tamén con certo éxito publicar a revista polos nosos propios medios; tamén se barrallou como unha posibilidade a de realizar a publicación en soporte informático que se distribuiría entre os socios ao igual que a revista que até hoxe publicamos en papel.


En vista de que están pendentes contacto con empresas privadas e entidades públicas que dean solución aos nosos problemas financeiros, convócase unha reunión para tomar unha decisión definitiva sobre o futuro da nosa revista o vindeiro xoves 23 de abril do corrente ás 20.30 horas nesta sala de xuntas da Biblioteca Municipal de Estudios Locais.


6.- Programación de conferencias e outros actos.


Ninguén fixo uso da palabra e tampouco se teñen novas de socios interesados en impartir algunha conferencia.


Propúxose e acordouse celebrar unha excursión o vindeiro 18 de abril.


7.- Rogos e preguntas.


José Luis Pardo Caeiro presentou a solicitude de admisión de Francisco Javier Prieto López. A Xunta Directiva acordou darlle a benvida.


Por último, deuse lectura a esta acta que foi aprobada por unanimidade. 



E sendo as vintedúas horas trinta e cinco minutos, o presidente levantou a sesión de todo o cal eu, secretario, certifico.








José Luis López Sangil, presidente Javier López Vallo, secretario