Acta nº 43


XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL DE ESTUDIOS HISTÓRICOS DE GALICIA


REUNIÓN DO 2 XULLO DE 2009



Na cidade da Coruña e sé da Biblioteca Municipal de Estudios Locais, previa convocatoria circulada hai días, reuniuse a Xunta Directiva da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia coa a presidencia de José Luís López Sangil e a asistencia dos vocais e socios: Demetrio Díaz Sánchez, Amparo Hernández Segura, María del Rosario Martínez Martínez, José Luis Pardo Caeiro, Manuel Vidán Torreira, Benito Figueroa Aldariz, tesoureiro, e eu mesmo Javier López Vallo, secretario.


Non asistiron o vicesecretario e vocal de subvencións, Jesús Ángel Sánchez García, vocal de conferencias José Alfeirán Rodríguez, xunto cos vocais sen asignación de funcións Rafael Tobío Cendón, Alfredo Erias Martínez, Luis Gorrochategui Santos,  José Enrique Benlloch del Río e Carlos de Castro Álvarez. Escusou a súa asistencia a vocal de excursión Ana Fernández Matarán.


Sendo as vinte horas corenta e cinco minutos, o presidente deu por aberta a sesión e comezáronse a tratar os puntos da orde do día.


1.- Informe do presidente.


Fixo diversas consideracións sobre Nalgures que detallou nos puntos seguintes. Deu conta tamén da correspondencia recibida e contestada, en especia a do Instituto Ramón Piñeiro, sobre intercambio de publicacións para a nosa futura biblioteca.


2.- Estado de conta. Cotas pendentes.


Informou o tesoureiro que nas dúas contas o saldo é favorable.


Fíxose o pago do mantemento da páxina web correspondente ao primeiro semestre. Abordouse tamén a comisión de mantemento, excesiva, que ten unha das contas, acordándose que, de non xurdir dificultades para a percepción dunha das subvencións  solicitadas á Deputación Provincial da Coruña, poida cancelarse esa conta e pasar os fondos á outra.


3.- Subvención para Nalgures nº 5


Informa José Luis Pardo que non tivo ningunha novidade de Caixanova. 


Tamén deuse conta de haber feito as xestións oportunas para solicitar unha subvención á Xunta de Galicia estando a documentación presentada e rexistrada.


4.- Artigos para Nalgures nº 5.


Contamos con dez artigos que suman unhas 447 páxinas. Abordouse a posibilidade de imprimir a revista cos dez artigos, ou reducila para aforrar costos facendo un exemplar de 350 páxinas tal e como tivo o número un. De non obter subvencións nos veríamos a facer fronte aos gastos cos nosos propios recursos. Pedirase presuposto a LUGAMI para unha revista de 300 páxinas, de 350 e de 400, decidindo ao final e facultando ao presidente para que tome a mellor decisión para os nosos intereses.


5.- Programación das vindeiras excursións.


Para facilitar a visita a San Martín Pinario, que foi moi demandada, acórdase pospor esta viaxe ao mes de setembro.


Farase unha comida en San Tomé de Monteagudo, igrexa románica do municipio de Arteixo o vindeiro 18 de xullo, igrexa na que xa estivemos pero que paga a pena visitar de novo.


6.- Programación de conferencias e actos.


En vista das datas e que ningún socio manifestou a súa vontade de pronunciar unha conferencia, non se tomaron acordos neste punto.


7.- Rogos e preguntas.


Ninguén fixo uso desta quenda.


E sendo as vintedúas horas corenta e cinco minutos, despois de ser lida esta acta e aprobada, o presidente levantou a sesión de todo o cal eu, secretario, certifico.








José Luis López Sangil, presidente Javier López Vallo, secretario