Noticias » Presentación de Beatriz López Suevos e Rosario Martínez do seu novo libro

Presentación de Beatriz López Suevos e Rosario Martínez do seu novo libro

Beatriz López Suevos e Rosario Martínez, membros da nosa Asociación, xunto coa soprano Susana de Lorenzo teñen a ben invitarnos á presentación do seu libro (+CD) : EUGENIA OSTERBERGER. A compositora galega da Belle Époque 1852-1932, que terá lugar o 6 de xuño de 2017 na Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1). Neste acto, Beatriz Lóèz-Suevos (piano) e Susana de Lorenzo (soprano) interpretarán varias das obras da compositora.

Como sabedes, en Nalgures XII Beatriz e Rosario acaban de ofrecernos outros aspecto desta músico compostelá no seu artigo: Eugenia Osterberger (Mme Saunier). La incidencia de la cultura francesa en la compositora gallega.